Hoxe, Xoves 30 de Novembro de 2023, presentouse no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso a nova aula de usos múltiples. Esta aula está situada no espazo que antiguamente ocupaba a piscina do colexio e que levaba en desuso dende había moitos anos.

Esta reforma foi un logro da antiga ANPA, que xunto coa directiva do colexio conseguiron a inversión necesaria para levar a cabo dita reforma, polo que dende a nova directiva agradecemos os esforzos e o traballo levado a cabo para conseguir esta nova aula para o colexio, que de seguro os nenos e nenas disfrutarán moitísimo.

Á presentación asistiron o profesorado do colexio, a directiva, e os alumnos. Tamén, como responsable da Xefatura Territorial de Educación de A Coruña, asistiu Indalecio Cabana. Tamén acudiu María Pousa, que ven coordinando a Asesoría de Blibliotecas Escolares da Consellería de Educación. Foron invitadas pola xunta directiva dúas representantes da ANPA anterior. María Castro, antiga presidenta, e Rosario Amarelle, antiga vogal. Como parte da ANPA actual, acudiu José Luis Grobas, Presidente.

Foi un acto moi bonito, posto que tamén se presentou a mascota deste novo espazo, que saiu elixida entre as propostas realizadas polos alumnos. A mascota elixida foi Nuba, presentada por unha nena, chamada Naiara García, que tamén recibiu uns premios por sair elixida.

A continuación deixamos algunha foto do acto.

por ANPA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *