Era unha demanda que xa viña de bastante tempo atrás, partindo a petición dende o ANPA e grazas ao apoio de moitas nais e pais, tras unha longa espera, por fin se confirma que Ponteceso terá a partires deste curso que ven o servizo de madrugadores..
A partir do comezo do curso, o Concello de Ponteceso implementará un novo servizo de madrugadores e conciliación. Este programa está deseñado para apoiar ás familias ofrecendo un espazo seguro e supervisado para as crianzas antes do inicio da xornada escolar.
O servizo de madrugadores permitirá que os nenos e nenas cheguen ao colexio desde primeira hora da mañá, onde poderán participar en actividades lúdicas e educativas nun entorno supervisado. Este servizo está pensado para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
A medida que vaiamos tendo máis información sobre os detalles específicos do servizo, como horarios, prezos e actividades, irémola publicando.