Este Martes, día 30 de Xaneiro, dará comezo o Taller de Pais e Nais impartido pola asociación Vieiro.
Terá lugar no edificio das escolas, en horario de 18:30h a 20:00h.
Dende a ANPA do CEIP Eduardo Pondal, animamos a todos os Pais e Nais con nenos no CEIP Eduardo Pondal, así como da gardería ou do IES Ponteceso, a acudir a estos talleres posto que teñen unha utilidade increíble e é unha oportunidade única para aprender novas formas de afrontar situacións que se poden dar coas nosas crianzas.
Estamos encantados de poder ofrecer, totalmente de balde, este tipo de formacións e esperamos que este sexa só o comezo de outros moitos talleres tan interesantes coma este.
Ademáis, temos un grupo de Whatsapp onde poder enterarse de todas as novas relacionadas co taller.
Entra premendo AQUI para non perderte nada.
Un saúdo e vémonos no edificio das escolas os Martes ás 18:30h.