Estamos a realizar unha enquisa sobre a necesidade do servizo de madrugadores para o curso 2024-2025, polo cal, animamos a todos os pais e nais, que estén interesados neste servizo para o vindeiro curso, a cumprimentar o seguinte formulario cos seus datos para ter unha estimación aproximada das persoas que precisarían deste servizo.

Animámosvos a participar na enquisa, se realmente necesitades o servizo, así como a compartila a todo aquel ou aquela que pensedes que a pode necesitar.

O obxectivo é simplemente ter un número aproximado de persoas que podan estar interesadas para valorar a súa posible implementación.

Podes cubrir a enquisa na seguinte páxina:

https://anpapondal.com/enquisa-servizo-de-madrugadores


Grazas. A ANPA do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso.

por ANPA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *