Enquisa servizo de Madrugadores

Como ben sabedes, unha das intencións desta ANPA, é cubrir a necesidade do servizo de madrugadores que algunhas familias demandan no colexio.

É por isto que presentamos esta enquisa para saber a situación actual desta demanda, e cantas familias necesitarían o servizo para facer un estudo da necesidade real.

Animámosvos a cubrir esta enquisa no caso de estar interesados no servizo, así como a compartirlla a calquer pai ou nai que lle poda ser de utilidade.

(por motivos alleos á ANPA, necesitamos enviar os datos mañá como moito tardar, polo que vos animamos a correr a voz e compartilo para que máis xente se poida sumar)