Ás 19:00h do día 28/2/2024, no edificio das escolas de Ponteceso, reunímonos a ANPA e un grupo de Nais e Pais interesados no servizo de Madrugadores con representantes do Concello.

Por parte do concello, acudiron so Sr. Alcalde José Manuel Mato Martínez, a Concelleira de Servicios Sociais, Sanidade, Igualdade, Muller, Familia e Educación María José Álvarez Bugallo e a Educadora Familiar María Dolores Blanco Verdía. 

Expuxemos de inicio a situación actual da proposta, que foi a seguinte:

Os membros da ANPA do CEIP Eduardo Pondal, mantiveron reunións co Concello para trasladarlles a necesidade de varios pais e nais dun servizo de madrugadores que permita conciliar a crianza cos traballos.

Dende o primeiro momento, tanto o centro educativo en canto a disposición e o Concello, se mostraron predispostos a levar adiante esta iniciativa, posto que é de moito valor para as familias que realmente o precisan.

Tras ese primeiro contacto, a ANPA realiza un sondeo a través das redes sociais e dun formulario na web no que en torno a 20 familias, con un total de 25 nenos (cifras aproximadas) están interesadas nese servizo.


O seguinte paso era realizar esta reunión, para aclarar por parte do Concellos as necesidades e características do servizo.

Como é un servizo que se vai poñer en marcha de cero, e como tamén arrancamos esta iniciativa tras o peche dos presupostos, o Concello indícanos a nos e ás familias que necesita un compromiso por parte das nais e pais, e recalcan que as familias que fagan a solicitude do servizo, teñen que ter en conta que esa solicitude é vinculante e require un compromiso por parte das familias para que o servizo se poda levar a cabo.

Estipúlase aproximadamente que o mínimo para o servizo son 10 nenos/as. Tamén tratamos por riba a posibilidade de que se leven días soltos, e diferentes opcións, pero estas serán tratadas en futuras reunións cando se concrete que o interese real da proposta permite levala a inicio.

Tamén falamos, de entrada dun horario de 7:30 a 9:00 (xa os levarían para o colexio) pero esto é orientativo, posto que será cando se negocie ca empresa e cando se vexan as necesidades das familias cando esto se concrete.

O prezo do servizo, polo de agora é complicado de calcular porque dependerá das empresas que se presenten á oferta, e temos como referencia concellos da volta pero tamén sabemos que ca suba de prezos dos últimos meses, posiblemente eses prezos se vexan incrementados un chisco. É algo que se irá vendo aínda que as cantidades nas que se moven pola volta son uns 35€/40€ mensuales (calculamos algo máis posiblemente) e 4-5€ día solto. Repetimos, son cantidades orientativas a falta de coñecer os prezos finais.

Pero son cantidades totalmente orientativas.

A partires desta reunión, as familias interesadas teñen que facer unha solicitude a través da sede electrónica do concello indicando os seguintes puntos.

  • Nome do/a Pai/Nai interesado/a
  • Nº de nenos que necesitan o servizo
  • Idade dos nenos
  • Horario que necesita
  • Nº de días que necesitaría o servizo
  • Almorzo si ou non
  • Alerxias alimentarias
  • Necesidade especiais

A maneira máis rápida de facer a solicitude é a través da sede electrónica, pero tamén hai outras opcións:

  • Sede electrónica
  • Acudir ao concello
  • Telefónicamente (Loli: 881 983 223)

Dende a ANPA, poñémnos a vosa disposición plenamente para resolver calquer duda na que vos podamos axudar.

Se tedes dúbidas con como funciona o sistema da sede electrónica, podedes escribirnos polo whatsapp do grupo, no apartado de “Suxerencias” sen problema e atenderémosvos encantados.

Senón sempre podedes usar as outras vías.

O importante é realizar a solicitude canto antes para que en 15 días, cando volvamos a reunirnos cos representantes do Concello, haxa xa un número de solicitudes que permitan iniciar o servizo.

A próxima reunión, salvo cambios, será o 15 de Marzo, no edificio das escolas. O horario está por concretar.

Como último, animárvos a todas e todos os que necesitedes deste servizo a apuntarse canto antes e a correr a bola a todas aquelas familias que poidan estar interesadas.

Un saúdo de parte da ANPA do CEIP Eduardo Pondal

por ANPA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *