Estimadas familias e interesados na nosa comunidade educativa,
É un pracer convidarvos á nosa xornada de portas abertas que terá lugar o vindeiro venres, 7 de marzo de 9:30h a 11:00h. Nesta ocasión especial, abrimos as portas do noso querido CEIP Eduardo Pondal para que poidades coñecer de primeira man a nosa oferta educativa, instalacións e equipo docente comprometido coa educación dos nosos nenos e nenas.
Durante a xornada, haberá visitas guiadas polas nosas instalacións, oportunidades para conversar cos profesores e coñecer de preto o noso proxecto educativo. Ademais, poderedes resolver todas as vosas dúbidas e descubrir por que somos un referente na educación na nosa contorna.
Esperamos contar coa vosa presenza nesta xornada tan especial. Achegádevos ao noso centro educativo o Venres 7 de marzo, de 9:30h a 11:00h e descubride todo o que o CEIP Eduardo Pondal pode ofrecer para o futuro educativo dos vosos fillos e fillas.
Grazas por acompañarnos e por confiar na nosa escola.