I liga de xadrez entre ANPAs

Todo un éxito de participación e organización nesta primeira xornada de liga de xadrez entre ANPAs celebrada en Ponteceso a tarde do sábado na Biblioteca Municipal, como podedes observar nas imaxes.

Agradecementos a Federación Provincial de ANPAs da Coruña_Costa da Morte como entidade organizadora e o Concello de Ponteceso e Concellería de Educación pola súa colaboración cas merendas e agasallos aos participantes. Agradecer tamén a Dolores e a Julia pola súa desinteresada axuda.

Vémonos no próximo torneo que celebrará este vindeiro sábado 4 de novembro no andar superior do Mercado Municipal de Carballo.

LIGA DE XADREZ entre ANPAs

Rematado o prazo de Inscrición para a liga de xadrez das ANPAs (federación provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte), inscribíronse 113 alumnas e alumnos para unha liga que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro.
Agora formaranse equipos entre as distintas ANPAs da federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, a realizar en tres xornadas (con competicións múltiples en cada unha delas)

A primeira xornada de liga realizarase na Biblioteca Municipal de Ponteceso. O noso concello promove e colabora neste evento.

A presentación será ás 16:00 e o torneo dará comezo ás 16:30

Bases I Liga das ANPAs

 

Liga de xadrez entre ANPAs

Esta liga desenvolverase entre os meses de outubro e novembro  (os sábados pola tarde), formando equipos entre as distintas ANPA da federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, a realizar en tres xornadas de tarde. As alumnas e alumnos só necesitarán saber previamente como colocar as pezas e os seus movementos no taboleiro.
Non se busca alcanzar determinado resultado, senón popularizar esta actividade. Para complementar a metodoloxía lúdica, ao remate de cada xornada haberá unha pequena festa con aperitivos para todas e todos os participantes.

AINDA NON TE ANOTACHES? A QUE ESPERAS? O prazo de inscrición remata o 10 de outubro.

Inscríbete neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc-5UHl34QJsvoUoXhgfdlDs04DQk1DtIzktikPjzRF2VilOQ/viewform?fbzx=-428523804643328200

10 nenos e nenas do Colexio Eduardo Pondal xa o fixeron.

XORNADAS DE LIGA:

  • Ponteceso: 28 de outubro
  • Carballo: 4 de novembro
  • Mazaricos: 18 de novembro