Presentación

O presente blog parte como unha iniciativa do Anpa para poder achegar aos pais o día a día do colexio, intentaremos complementar a información que facilita habitualmente a Directiva deste, así como informar dos temas que se leven ás reunións.

De momento e como a criatura acaba de nacer necesitamos familiarizarnos co ámbito e aprender a incorporar documentos e enlaces de interese, é por iso que estaremos encantados de recibir a axuda de calquera persoa que queira botarnos unha man, e para iso engadimos a opción contacto na que poderedes enviar un correo electrónico e facernos chegar vosas inquedanzas ou suxestións, tamén poderás comentar cada unha das entradas.

Saúdos e Grazas