Recordatorio – Votación Xornada Única – Venres 17 – Horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h

urna-voto-jovenes

Hoxe os nenos levarán para casa unha nota a modo de recordatorio da votación e indicando as modificacións / melloras que se levaron a cabo no Proxecto de Xornada única que o colexio enviou no seu día, e a papeleta xunto con un sobre por si queredes levala preparada.

Incidir tamén porque parece que había dúbidas, en que teñen dereito a voto o pai, ou a nai, ou o titor legal do alumno/a. (Só un voto por familia).

Podedes descargar a nota e a papeleta nas seguintes ligazóns

recordatorio votacion 17 de abril

PAPELETA DE VOTACIÓN

Este proxecto de Xornada Única leva moito traballo detrás, polo que dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.

O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o venres 17 a partires das 21:00 h.

Votación Xornada Única – Venres 17 – Horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h

votación-280x210

Unha vez rematadas as reunións informativas nas que se despexaron tódalas dúbidas posibles, chegou o momento da votación, que se levará a cabo no propio centro o venres 17 en horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h.

Hoxe luns serán elixidos dous representantes das familias mediante sorteo público  para formar a mesa electoral xunto co Director, o colexio enviará notificación aos mesmos, en caso de que a súa asistencia no fora posible serán nomeados tamén dous suplentes, o día da votación haberá tamén presenza da Anpa.

A mediados da semana as familias recibirán por medio dos alumnos sobres e papeletas que poderán levar preparadas aínda que tamén haberá no centro papeletas.

Este proxecto de Xornada Única leva moito traballo detrás, polo que dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.

O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o venres 17 a partires das 21:00 h.

A Fundación Pondal repartiu máis de 320 exemplares de «Espantallo amigo» entre os escolares de primaria

espantapajaros

O pasado mercores tivo lugar un acto na eira da casa de Eduardo Pondal donde se fixo entrega por parte da Fundación Pondal de 320 exemplares do libro “O Espantallo Amigo” todos eles firmados por Neira Vilas, que serán repartidos entre os escolares de primaria. No acto tivemos ocasión de disfrutar da representación dun “pincho” da adaptación teatral que fan os Quinquilláns, da man de Lucho Penabade e Tero Rodríguez.

No acto estiveron presentes representantes das ANPA e das direccións dos colexios do municipio, así como do CRA.

Ligazóns da Voz de Galicia a nova

 http://www.lavozdegalicia.es/video/carballo/ponteceso/2015/04/09/representacion-entrega-video/0031_2015044161123798001.htm

http://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/ponteceso/2015/04/09/representacion-espantallo-amigo-imaxes/01101428525842534440760.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/04/09/letras-galegas-reverdecen-ponteceso/0003_201504C9C12991.htm

Afluencia de familiares dos nenos de Educación Infantil na 1ª reunión informativa da Xornada única

anpa_opt

Gran afluencia de familias dos nenos de Educación Infantil na 1ª reunión Informativa da Xornada Única.

Aparte diso destacar a gran participación na rolda de preguntas que houbo despois da exposición que fixo o Director na que se despexaron todas as dúbidas dos presentes.

Mañán será o turno das familias dos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45), aínda que opcionalmente os familiares de nenos que teñan problemas de asistencia para o día que lles corresponda poderán asistir a calquera das reunións.

E moi importante asistir a reunión para aclarar as posibles dúbidas e sobre todo, e moi importante asistir a votación o venres 17 de abril en horario de 13:00 horas ata as 21:00 horas.

Podes descargar o Proxecto na seguinte ligazón

proxecto xornada única

_________________________________________________________________________________

 

  • semana do 7 ao 10 de abril terán lugar unhas reunións informativas no centro, onde se explicará o PROXECTO DE XORNADA ÚNICA para o vindeiro curso. Ao remate haberá un tempo para aclarar dúbidas. As reunións distribuiranse da seguinte maneira:

    7/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de Educación Infantil. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    8/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    9/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    10/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    que a data da votación da Xornada será o venres 17 de abril en horario de 13:00 horas ata as 21:00 horas.

Hoxe martes día 7 – reunion informativa proxecto xornada unica – familias alumnos de educación infantil

Recordatorio da reunión informativa programada hoxe para as familias de alumnos de Educación Infantil (HORA DE COMEZO: 16:45).

É moi importante acudir para informarse e acudir a votación:

A data da votación da Xornada será o venres 17 de abril en horario de 13:00 horas ata as 21:00 horas.

______________________________________________________________________________________

 

  • semana do 7 ao 10 de abril terán lugar unhas reunións informativas no centro, onde se explicará o PROXECTO DE XORNADA ÚNICA para o vindeiro curso. Ao remate haberá un tempo para aclarar dúbidas. As reunións distribuiranse da seguinte maneira:

    7/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de Educación Infantil. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    8/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    9/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    10/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    que a data da votación da Xornada será o venres 17 de abril en horario de 13:00 horas ata as 21:00 horas.

Nota Informativa: datas vacacions Semana Santa + Datas reunions informativas Proxecto de Xornada Unica + Data Votacion

  • O colexio achegounos unha nota donde indican as datas das vacacións de Semana Santa, as Datas e horarios das reunións informativas sobre o Proxecto de Xornada Única e a Data e horario da Votación da mesma:

    O 27 de marzo empezan as vacacións de SEMANA SANTA. A volta ás clases será o martes, 7 de abril.

    semana do 7 ao 10 de abril terán lugar unhas reunións informativas no centro, onde se explicará o PROXECTO DE XORNADA ÚNICA para o vindeiro curso. Ao remate haberá un tempo para aclarar dúbidas. As reunións distribuiranse da seguinte maneira:

    7/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de Educación Infantil. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    8/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    9/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    10/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    que a data da votación da Xornada será o venres 17 de abril en horario de 13:00 horas ata as 21:00 horas.

Podela descargar facendo click na liña inferior:

NOTA INFORMATIVA

Campamentos de Verán 2015 – Xunta de Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado… que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A idade mínima parte de 9 anos (As persoas nacidas no ano 2006 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento)

Na seguinte ligazón podes ampliar a información:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Ou podes descargar un pdf facendo click na liña inferior:

00_campamentos15_1

Proxecto Xornada Única

escola

 

Achegamos a carta que envía o Colexio donde nos explica os pasos seguidos ate o de agora e os seguintes ate chegar a votación do Proxecto da Xornada Única.

Lembranos que en breve serán convocadas unha serie de reunións nas que se poderán facer as preguntas que consideremos pertinentes e nas que se intentarán aclarar as dúbidas.

Podes descargar os documentos facendo click na liña inferior:

carta xornada única

proxecto xornada única

 

Inscrición socios 2014/15 Anpa

Se aínda non es socio do Anpa podes inscribirte ingresando 12 € na conta número 0049 6641 7321 9003 9676 que mantemos aberta no Banco Santander indicando o nome do neno e o curso, se é mais dun neno son 12 € igualmente, ao principio de cada curso presentamos a memoria de actividades e as contas aos asistentes ás reunións e a calquera socio que o solicite, o diñeiro gástase en actividades que redunden en beneficio dos nenos.

1 9 10 11 12