Liga de xadrez entre ANPAs

Esta liga desenvolverase entre os meses de outubro e novembro  (os sábados pola tarde), formando equipos entre as distintas ANPA da federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, a realizar en tres xornadas de tarde. As alumnas e alumnos só necesitarán saber previamente como colocar as pezas e os seus movementos no taboleiro.
Non se busca alcanzar determinado resultado, senón popularizar esta actividade. Para complementar a metodoloxía lúdica, ao remate de cada xornada haberá unha pequena festa con aperitivos para todas e todos os participantes.

AINDA NON TE ANOTACHES? A QUE ESPERAS? O prazo de inscrición remata o 10 de outubro.

Inscríbete neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc-5UHl34QJsvoUoXhgfdlDs04DQk1DtIzktikPjzRF2VilOQ/viewform?fbzx=-428523804643328200

10 nenos e nenas do Colexio Eduardo Pondal xa o fixeron.

XORNADAS DE LIGA:

  • Ponteceso: 28 de outubro
  • Carballo: 4 de novembro
  • Mazaricos: 18 de novembro

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias:

Pola presente queda convocada Asemblea Xeral Ordinaria o venres 22 de setembro ás 19:30 h.en primeira convocatoria e as 20:00 h. en segunda convocatoria na aula superior do Edificio das Escolas ca seguinte Orde do día:

  1. Presentación da actividade sobre Robótica educativa
  2. Presentación de “Xogando coa lingua” (Inglés) 2017/18
  3. Lectura e aprobación da acta anterior
  4. Memoria actividades 2016-2017
  5. Presentación e aprobación das contas do curso escolar 2016-2017
  6. Modificación da xunta directiva. (Renovación de vogais)
  7. Próximas actuacións da ANPA: Robótica, xadrez…
  8. Turno de rogos e preguntas

RENOVACIÓN ANUAL DE SOCI@S

A Asociación de nais e pais do CEIP Eduardo Pondal realiza a renovación anual de soci@s, polo que esperamos a súa colaboración para axudar a mellorar a educación dos nosos fillos e fillas. Para levarmos a cabo esta tarefa precisamos contar con moitas persoas asociadas: é o mellor xeito de facer máis forza, conseguir máis axudas e organizar máis actividades.

Renove a súa filiación ou fágase soci@ cubrindo a inscripción de abaixo e mandándoa polo seu fillo/a ao colexio.

A cuota anual de soci@s é de 12 € por familia. Grazas pola vosa colaboración.

————————————————————————————————————————-

INSCRIPCIÓN ALTA SOCIO ANPA CEIP PONDAL PONTECESO

INGRESO BANCO SANTANDER nº de conta ES55 0049 6641 7321 9003 9676

NOME E APELIDOS DA NENA/O

__________________________________________________________________

NOME DA NAI/PAI

________________________________________________

CURSO

________________________________________________

TELÉFONO

________________________________________________

RESULTADOS VOTACIÓN XORNADA ÚNICA

No CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, sendo as 21:00 do día 26 de maio de 2017 procedeuse ao escrutinio de votos para a implantación da xornada única.
Os resultados foron os seguintes:
Votos afirmativos: 92
Votos negativos: 51
Votos en branco: 0
Votos nulos: 0
Polo tanto non queda aprobada o cambio de xornada escolar para o curso 2017/2018 por 3 votos favorables
A ANPA e o equipo directivo di centro agradecemos a participación de todas as familias q acudiron a votar. Foi bastante  elevada xa que de 164 convocadas, participaron 143

PROXECTO ENKI NO NOSO COLE

Menuda actividade máis fantástica a que propón o Proxecto Enki polos centros de ensino. Un xeito inmellorable de normalizar a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional a traves do ocio e do deporte.

Dende a ANPA CEIP Eduardo Pondal queremos contarvos como o Proxecto Enki serviu, o pasado martes, para que os alumnos e alumnas coñecesen e preguntasen aos protagonistas as súas historias de superación. Pero sobre todo unha xornada na que os nenos/as poideron descubrir por si mesmos o que é unha handbike, o tenis en cadeira de rodas, o fútbol cego, etc.

Que mellor para descubrir, empatizar e dar normalidade á discapacidade que poñerse no seu lugar!!

 

Leer más

XORNADA FORMACIÓN ANPAS

 

A Federación provincial de ANPAs da Coruña/Costa da Morte convoca para este venres 12 na Biblioteca Municipal de Ponteceso unhas xornadas nas que se informarán as familias interesadas sobre as probas de diagnóstico externas para o alumnado de 3° e 6° de Primaria que se celebrarán este mes de maio. Ao remate trataranse  outros temas como o Consello Escolar Municipal ou a fiscalidade nas Asociacions sen ánimo de lucro. Agardámosvos!

PROXECTO DE XORNADA ÚNICA PARA O CURSO 2017/2018

Estimadas familias,
No Consello Escolar celebrado o día 30 de xaneiro do ano 2017 realizouse a votación para iniciar o proceso de petición de Xornada Única para o vindeiro curso académico 2017/2018.
Dito proceso foi respaldado pola maioría necesaria.
Con data de 28 de marzo de 2017 chegou ao centro o informe FAVORABLE de Transporte Escolar.
Con data do 26 de abril de 2017, quedou aprobado en Consello Escolar o Proxecto definitivo de Xornada Única que se pretende implantar no vindeiro curso 2017/2018.
Durante o próximo mes farase a fase de información para poder realizar a votación o día 26 de maio de 2017.

 

Lembrade que a aprobación definitiva do horario DEPENDE da VOSA VOTACIÓN.
O censo para as votacións está exposto no taboleiro de anuncios do centro desde
o 26 de abril. Hai 5 días para posibles reclamacións a dito censo.

PROXECTO

1 2 3 4