ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Por medio da presente, a directiva da ANPA do CEIP Eduardo Pondal convoca a todos os seus asociados a asistir a Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar no Edificio das Escolas o vindeiro venres 9 de novembro ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria coa seguinte Orde do día:

  • Lectura e aprobación da acta anterior
  • Presentación e aprobación da memoria de actividades 2017/18
  • Presentación e aprobación do estado de contas da ANPA
  • Renovación da directiva da ANPA
  • Constitución da nova directiva
  • Renovación da representante da ANPA no CEMP
  • Rogos e preguntas

ROBÓTICA EDUCATIVA

O curso está chegando ao seu fin,  igual que as actividades extraescolares. Amosamos algunha imaxe dos talleres de Robótica Educativa, actividade que a ANPA puxo en marcha este curso no noso cole.

A valoración que facemos da actividade é altamente positiva. Os nenos e nenas aprenderon sobre programación e robótica dun xeito divertido e motivador. Agardamos poder repetir para o vindeiro curso.

Resultadas das votacións

No CEIP Eduardo Pondal, sendo as 21:00 do día 28 de maio procedeuse ó escrutinio de votos para a implantación da xornada única en sesión de mañá.

Os resultados foron os seguintes:

  • Votos a favor: 92
  • Votos en contra: 50
  • Votos en branco: 0
  • Votos nulos: 0
  • Censo de familias: 155
  • Participación familias: 142

Acádansose máis do 58 % de votos favorables, tanto no CEIP Eduardo Pondal como no CEIP As Forcadas de Corme, procederase nestos días a solicitude ante o Xefe Territorial de Educación para a modificación da xornada lectiva para o curso 2018/19.

Dende a ANPA queremos agradecer o apoio amosado polas familias. Houbo unha moi alta participación. GRAZAS!!!

Proxecto xornada única 2018/19

Damos a coñecer o proxecto de xornada única para o curso 2018/19 aprobado en Consello Escolar o 19 de decembro de 2017. O 19 de abril de 2018 chegou ao centro o Informe favorable de transporte.

PROXECTO XORNADA 2018-19 

INFÓRMATE! PREGUNTA!

Calendario de actuacións:

  • Xoves 10 de maio: Reunión informativa ás familias no colexio. Hora: 16:40
  • Luns 14 de maio: Sorteo dos membros da mesa electoral. Hora: 13:15
  • Semana do 14 ao 18 de maio: Charla_debate pola directiva da ANPA. Pendente de concretar
  • Semana do 21 ao 25 de maio: Envío ás casas dun resumo do proxecto.
  • Venres 25 de maio: Nota ás familias lembrando o día das votacións.
  • LUNS 28 DE MAIO: DÍA DAS VOTACIÓNS. Horario: de 9:15 a 21:00

Máis información na web do colexio 

 

Visita de APADAN

Esta semana recibimos no colexio a visita da APADAN, asociación protectora de animais domésticos do noroeste, para impartir unha charla sobre o traballo que desempeñan.

Estamos moi satisfeitas coa recaudación conseguida. Grazas aos donativos de particulares e a axuda desinteresada do Centro Veterinario A Ponte poidemos mercar:  50 collares, 52 litros de lexivia, 10 litros de bactericida, 4 botes de sanitol, 4 caixas de galletas, 222 latas de comida e 72 sobres de comida húmida.

Camiño Sen Límites

O vindeiro sábado 17 de marzo dará comezo a primeira etapa do Camiño sen Límites 2018. De Caión a Baldaio.

Vai ser un roteiro moi especial que dende a directiva da ANPA recomendamos encarecidamente a todas as familias.

Para participar nel só tes que cubrir un formulario na páxina de FEDANPAs e descargar un documento que terás que cubrir e entregar o día do roteiro.

Anímate. Ven gozar da natureza, da boa compaña, da inclusión en todos os ámbitos da vida, da ciencia, da cultura…

Data límite para inscribirse: 14 de marzo

 

 

VISITA DOS REIS MAGOS

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente, xunto cos seus paxes,  fixeron unha parada no noso colexio o pasado xoves 21 de decembro. A sorpresa foi maior cando os nenos e nenas descubriron o lote de agasallos que traían este ano, para o disfrute de todos e todas.

Isto foi posible grazas ao apoio económico do Concello de Ponteceso.

O equipo que formamos a directiva da ANPA desexámosvos unhas moi FELICES FESTAS e un venturoso 2018.

 

Comunicado “Xogando coa lingua”(Inglés 16/17)

Informamos que na asemblea extraordinaria celebrada o 2 de outubro de 2017 se acordou a devolución do importe correspondente ao remanente da actividade de Inglés, “Xogando coa lingua”, do curso pasado 2016/17 a todos os asociados que participaron en dita actividade.

O prazo de entrega remata o 24 de novembro.

No seguinte documento explícase o procedemento.

Certificado Inglés

Grazas a todos/as pola vosa  participación.

I liga de xadrez entre ANPAs

Todo un éxito de participación e organización nesta primeira xornada de liga de xadrez entre ANPAs celebrada en Ponteceso a tarde do sábado na Biblioteca Municipal, como podedes observar nas imaxes.

Agradecementos a Federación Provincial de ANPAs da Coruña_Costa da Morte como entidade organizadora e o Concello de Ponteceso e Concellería de Educación pola súa colaboración cas merendas e agasallos aos participantes. Agradecer tamén a Dolores e a Julia pola súa desinteresada axuda.

Vémonos no próximo torneo que celebrará este vindeiro sábado 4 de novembro no andar superior do Mercado Municipal de Carballo.

LIGA DE XADREZ entre ANPAs

Rematado o prazo de Inscrición para a liga de xadrez das ANPAs (federación provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte), inscribíronse 113 alumnas e alumnos para unha liga que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro.
Agora formaranse equipos entre as distintas ANPAs da federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, a realizar en tres xornadas (con competicións múltiples en cada unha delas)

A primeira xornada de liga realizarase na Biblioteca Municipal de Ponteceso. O noso concello promove e colabora neste evento.

A presentación será ás 16:00 e o torneo dará comezo ás 16:30

Bases I Liga das ANPAs

 

1 2 3 4