CAMIÑO SEN LÍMITES 2018

Presentación da 3.ª edición do Camiño SenLímites no local da Federación provincial de ANPAs da Coruña-Costa da Morte (Carballo) o 16 de febreiro, ás 19:00h

A Federación de ANPA da Costa da Morte e a Asociación Rompendo Límites convidan as entidades e persoas que desexen participar á presentación da 3.ª edición do Camiño SenLímites.

Que é o Camiño SenLímites?

É unha senda inclusiva que percorre parte do camiño que une, pola beira do mar, a Costa da Morte, organizada pola Federación Provincial de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, en colaboración coa Asociación Deportiva e Cultural Rompendo Límites, ao que se suman máis entidades, posto que este é un proxecto colectivo aberto. E que agardamos siga a medrar!

O Camiño SenLímites 2018 está baseado no traballo cooperativo entre a comunidade educativa e outros colectivos, na inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida.

O resultado desemboca o 17 de marzo do 2018 nuns roteiros que fan de fíos condutores ou de soporte para a realización de diversas actividades en equipo.

No Camiño SenLímites poden participar grupos de persoas diversos. Consta de 12 roteiros que inclúen diversas actividades como visitas a museos, charlas diversas (historia e historias da zona e outras actividades socioeducativas,… ) en comunidade e coa colaboración de distintos ponentes.

Como é concibido o Camiño SenLímites?

É unha estratexia inclusiva. A través del colaboramos na visibilización do necesario que é abordar e responder á diversidade de persoas e, asemade, sensibilizar na necesidade de reducir a exclusión dentro e  fóra do sistema educativo. Axuda a que todas e todos nos sintamos cómodos na diversidade na que vivimos, percibíndoa non como un problema, senón tamén como unha oportunidade para enriquecer as formas de ensinar, aprender e convivir.

Historia

Por febreiro de 2015, tras unha reunión da Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte, consideramos que podiamos organizar un “Camiño Inclusivo”.

En febreiro de 2016, volvemos a retomar o  tema e, despois de varias reunións con diversos colectivos…arrincamos!!!

En abril de 2016, comezou a primeira etapa e o 25 de xuño rematabamos o que se convertiu no “Camiño SenLímites”. Pasiño a  pasiño foi medrando este equipo, o que permite que as persoas e asociacións participantes poidamos beneficiarnos e gozar da natureza.

A quen vai dirixido?

A todas as persoas (sen límite de idade),  entidades, clubes deportivos… que queiran desfrutar deste camiño. A inscrición (gratuita) é de xeito individual ou colectivo a través de entidades deportivas, colectivos de Necesidades Específicas, ANPAs,asociacións diversas,…

As entidades que participen deberán traer os seus propios monitores/as, aínda que se contará con voluntariado para lle botar unha man para quen así o precisar.

Cantas etapas son e cando?

Son 12 roteiros inclusivos, que comezan o 17 de marzo de 2018 e rematan o 27 de outubro 2018, realizados en sábados pola tarde.

Pódese asistir ás etapas que se queira, non hai un mínimo nin un máximo, pódese participar nas que apeteza.

ÁREA DE COMUNICACIÓN Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte

www.fedanpas.org

www.anpasgalegas.org

 

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO XADREZ ESCOLAR

Cada vez son máis os colexios que dunha maneira ou outra teñen contacto co xadrez en distinta forma: clases extraescolares, actividade deportiva ou como recurso educativo para outras disciplinas especialmente matemáticas.

En canto obxectivos, o xadrez escolar pretende acadar o desenvolvemento e a formación do neno. Privilexia o desenvolvemento da intelixencia, a creatividade, a recuperación da experiencia, xunto á formación de valores e os aspectos socio-afectivos tanto de cada neno en particular, como do grupo en xeral.

O Programa de promoción do xadrez escolar é unha iniciativa do Club Xadrez Cabo Touriñán de Muxía, consistente en ofertar unha serie de accións de formación e exhibición de xadrez en colexios e centros de ensino de toda a Costa da Morte.

O obxectivo do Cabo Touriñán, é formar aos alumnos no  coñecemento básico e as regras do xogo, así como impartir contidos xadrecísticos e formar equipos, para a organización dun torneo que sirva de modelo.

En datas posteriores pódese participar, se é de interese das crianzas, en campionatos provinciais (xaneiro 2018), galego (marzo 2018), estatal (xuño 2018) ou mundial (novembro 2018, en Santiago de Compostela).

 

Acordouse organizar, de xeito lúdico, unha LIGA ENTRE ANPAs,  unha liga non competitiva que nace co obxectivo de fomentar o xadrez entre as crianzas en idade escolar.

Esta liga desenvolverase entre os meses de outubro e novembro (en principio serán os sábados pola tarde), formando equipos entre as distintas ANPAs da Federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, a realizar en tres xornadas de tarde. As alumnas e alumnos só necesitarán saber previamente como colocar as pezas e os seus movementos no taboleiro.

Non se busca acadar determinado resultado, senón popularizar esta actividade. Para complementar a metodoloxía lúdica, ao remate de cada xornada haberá unha pequena festa con aperitivos para todas e todos os participantes.

 

Inscricións:

Fíxase, como  data tope, o 10 de outubro. O alumnado interesado en participar na liga deberán comunicarllo a algún membro da directiva da ANPA Pondal a través do whatsapp ou por correo electrónico.

 

Onde terán lugar os campionatos da liga escolar:

Ponteceso – 28 de outubro (Na Biblioteca Municipal)

Carballo – 4 de novembro.

Mazaricos – 18 de novembro.

 

XADREZ COMO ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR

A ANPA ten interese en promover o xadrez como actividade extraescolar. Para poder levar a cabo esta actividade durante o curso 2017/18 é necesario que se inscriban un número mínimo de 10 nenos/as (de 3 a 12 anos). A actividade sería impartida por un membro da Federación Galega de xadrez en horario de tarde (sin determinar). A actividade tería un custo entre 10 e 15 euros por neno/a.

Xornadas de atención á diversidade

A Confederación de ANPAS GALEGAS e a Federación de ANPAs da Coruña-Costa da Morte  xunto co CFR (Centro de Formación e Recursos do Profesorado) organizan unhas xornadas sobre atención á diversidade que se desenvolverán no Forum de Carballo os vindeiros 5,6,7 de Outubro de 2017.

Estas xornadas son abertas ás familias previa inscrición na páxina web de FEDANPAs e ao profesorado, que deberá inscribirse na plataforma FPROFE.

Descarga o programa das xornadas aquí.

VOTACIÓN XORNADA ÚNICA. VENRES 26 DE MAIO DE 2017, DE 9:00 A 21:00H

Mañá venres 26 é o día da votación pola xornada única, na que as familias do noso colexio decidirán si se aproba  o proxecto de cambio de horario escolar.

Desde a dirección do centro, o Consello Escolar e a ANPA solicitamos que todas as familias participen neste proceso xa que se trata dun tema moi importante,  como é a xornada escolar dos nosos fillos.

Os resultados da votación serán publicados no presente blog.

DIAPOSITVAS EXPLICATIVAS DO PROXECTO DE XORNADA ÚNICA DA ANPA DO CEIP EDUARDO PONDAL, PONTECESO.

 

Preme na seguinte ligazón para ver o artigo que publicou Que pasa na Costa hoxe:

A ANPA do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso volve loitar pola Xornada Única