ROBÓTICA EDUCATIVA

O curso está chegando ao seu fin,  igual que as actividades extraescolares. Amosamos algunha imaxe dos talleres de Robótica Educativa, actividade que a ANPA puxo en marcha este curso no noso cole.

A valoración que facemos da actividade é altamente positiva. Os nenos e nenas aprenderon sobre programación e robótica dun xeito divertido e motivador. Agardamos poder repetir para o vindeiro curso.

Resultadas das votacións

No CEIP Eduardo Pondal, sendo as 21:00 do día 28 de maio procedeuse ó escrutinio de votos para a implantación da xornada única en sesión de mañá.

Os resultados foron os seguintes:

  • Votos a favor: 92
  • Votos en contra: 50
  • Votos en branco: 0
  • Votos nulos: 0
  • Censo de familias: 155
  • Participación familias: 142

Acádansose máis do 58 % de votos favorables, tanto no CEIP Eduardo Pondal como no CEIP As Forcadas de Corme, procederase nestos días a solicitude ante o Xefe Territorial de Educación para a modificación da xornada lectiva para o curso 2018/19.

Dende a ANPA queremos agradecer o apoio amosado polas familias. Houbo unha moi alta participación. GRAZAS!!!

Debate sobre a xornada única

Estás a favor da xornada continuada no noso colexio? Non o estás? Sexa cal sexa a túa opción convidámoste a que o compartas coa directiva da ANPA.

O momento e o lugar é este VENRES 18, ás 20:00 h, no Edificio das Escolas.

Trátase dun tema moi importante que afecta á vida educativa do teu fillo ou filla.

Non deixes que cho conten. Ven, pregunta, infórmate!!

NON ÁS REVÁLIDAS!

Convidamos a todas as familias do alumnado de 3º e 6º de primaria e 4º de ESO a asistir a unha reunión informativa que terá lugar na Biblioteca Municipal de Ponteceso este luns 14 de maio, ás 19:00 h.  Impartirá un membro da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público.

Máis información na páxina de ANPAS GALEGAS

Proxecto xornada única 2018/19

Damos a coñecer o proxecto de xornada única para o curso 2018/19 aprobado en Consello Escolar o 19 de decembro de 2017. O 19 de abril de 2018 chegou ao centro o Informe favorable de transporte.

PROXECTO XORNADA 2018-19 

INFÓRMATE! PREGUNTA!

Calendario de actuacións:

  • Xoves 10 de maio: Reunión informativa ás familias no colexio. Hora: 16:40
  • Luns 14 de maio: Sorteo dos membros da mesa electoral. Hora: 13:15
  • Semana do 14 ao 18 de maio: Charla_debate pola directiva da ANPA. Pendente de concretar
  • Semana do 21 ao 25 de maio: Envío ás casas dun resumo do proxecto.
  • Venres 25 de maio: Nota ás familias lembrando o día das votacións.
  • LUNS 28 DE MAIO: DÍA DAS VOTACIÓNS. Horario: de 9:15 a 21:00

Máis información na web do colexio 

 

Visita de APADAN

Esta semana recibimos no colexio a visita da APADAN, asociación protectora de animais domésticos do noroeste, para impartir unha charla sobre o traballo que desempeñan.

Estamos moi satisfeitas coa recaudación conseguida. Grazas aos donativos de particulares e a axuda desinteresada do Centro Veterinario A Ponte poidemos mercar:  50 collares, 52 litros de lexivia, 10 litros de bactericida, 4 botes de sanitol, 4 caixas de galletas, 222 latas de comida e 72 sobres de comida húmida.

Camiño Sen Límites

O vindeiro sábado 17 de marzo dará comezo a primeira etapa do Camiño sen Límites 2018. De Caión a Baldaio.

Vai ser un roteiro moi especial que dende a directiva da ANPA recomendamos encarecidamente a todas as familias.

Para participar nel só tes que cubrir un formulario na páxina de FEDANPAs e descargar un documento que terás que cubrir e entregar o día do roteiro.

Anímate. Ven gozar da natureza, da boa compaña, da inclusión en todos os ámbitos da vida, da ciencia, da cultura…

Data límite para inscribirse: 14 de marzo

 

 

CAMIÑO SEN LÍMITES 2018

Presentación da 3.ª edición do Camiño SenLímites no local da Federación provincial de ANPAs da Coruña-Costa da Morte (Carballo) o 16 de febreiro, ás 19:00h

A Federación de ANPA da Costa da Morte e a Asociación Rompendo Límites convidan as entidades e persoas que desexen participar á presentación da 3.ª edición do Camiño SenLímites.

Que é o Camiño SenLímites?

É unha senda inclusiva que percorre parte do camiño que une, pola beira do mar, a Costa da Morte, organizada pola Federación Provincial de ANPAS da Coruña – Costa da Morte, en colaboración coa Asociación Deportiva e Cultural Rompendo Límites, ao que se suman máis entidades, posto que este é un proxecto colectivo aberto. E que agardamos siga a medrar!

O Camiño SenLímites 2018 está baseado no traballo cooperativo entre a comunidade educativa e outros colectivos, na inclusión educativa e en todos os ámbitos da vida.

O resultado desemboca o 17 de marzo do 2018 nuns roteiros que fan de fíos condutores ou de soporte para a realización de diversas actividades en equipo.

No Camiño SenLímites poden participar grupos de persoas diversos. Consta de 12 roteiros que inclúen diversas actividades como visitas a museos, charlas diversas (historia e historias da zona e outras actividades socioeducativas,… ) en comunidade e coa colaboración de distintos ponentes.

Como é concibido o Camiño SenLímites?

É unha estratexia inclusiva. A través del colaboramos na visibilización do necesario que é abordar e responder á diversidade de persoas e, asemade, sensibilizar na necesidade de reducir a exclusión dentro e  fóra do sistema educativo. Axuda a que todas e todos nos sintamos cómodos na diversidade na que vivimos, percibíndoa non como un problema, senón tamén como unha oportunidade para enriquecer as formas de ensinar, aprender e convivir.

Historia

Por febreiro de 2015, tras unha reunión da Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte, consideramos que podiamos organizar un “Camiño Inclusivo”.

En febreiro de 2016, volvemos a retomar o  tema e, despois de varias reunións con diversos colectivos…arrincamos!!!

En abril de 2016, comezou a primeira etapa e o 25 de xuño rematabamos o que se convertiu no “Camiño SenLímites”. Pasiño a  pasiño foi medrando este equipo, o que permite que as persoas e asociacións participantes poidamos beneficiarnos e gozar da natureza.

A quen vai dirixido?

A todas as persoas (sen límite de idade),  entidades, clubes deportivos… que queiran desfrutar deste camiño. A inscrición (gratuita) é de xeito individual ou colectivo a través de entidades deportivas, colectivos de Necesidades Específicas, ANPAs,asociacións diversas,…

As entidades que participen deberán traer os seus propios monitores/as, aínda que se contará con voluntariado para lle botar unha man para quen así o precisar.

Cantas etapas son e cando?

Son 12 roteiros inclusivos, que comezan o 17 de marzo de 2018 e rematan o 27 de outubro 2018, realizados en sábados pola tarde.

Pódese asistir ás etapas que se queira, non hai un mínimo nin un máximo, pódese participar nas que apeteza.

ÁREA DE COMUNICACIÓN Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte

www.fedanpas.org

www.anpasgalegas.org

 

1 2 3 12