PROXECTO DE XORNADA ÚNICA PARA O CURSO 2017/2018

Estimadas familias,
No Consello Escolar celebrado o día 30 de xaneiro do ano 2017 realizouse a votación para iniciar o proceso de petición de Xornada Única para o vindeiro curso académico 2017/2018.
Dito proceso foi respaldado pola maioría necesaria.
Con data de 28 de marzo de 2017 chegou ao centro o informe FAVORABLE de Transporte Escolar.
Con data do 26 de abril de 2017, quedou aprobado en Consello Escolar o Proxecto definitivo de Xornada Única que se pretende implantar no vindeiro curso 2017/2018.
Durante o próximo mes farase a fase de información para poder realizar a votación o día 26 de maio de 2017.

 

Lembrade que a aprobación definitiva do horario DEPENDE da VOSA VOTACIÓN.
O censo para as votacións está exposto no taboleiro de anuncios do centro desde
o 26 de abril. Hai 5 días para posibles reclamacións a dito censo.

PROXECTO