resultados da votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar

Os resultados da votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do CEIP Eduardo Pondal foron os seguintes:

– Sandra Varela Amado 23

– José Luis Rogina Sistal 18

– Mª Luz Cores Lema 8

– Latifa Aghmich 1

Entran no Consello Escolar as dúas persoas que obtiveron maior número de votos.
A ANPA do colexio quere agradecer a participación de todas as familias.

concentración pola defensa do ensino público

Estimad@s nais e pais:

Mañá xoves 24 de novembro, á saída do colexio (16:30h) xuntarémonos a comunidade educativa do CEIP Eduardo Pondal no patio de infantil.

A concentración é pola defensa do ensino público, xa que coa LOMCE vense mermados moitos aspectos da educación dos nosos fillos. Convidámosvos a participar.

Saúdos                                           ANPA CEIP EDUARDO PONDAL

Asemblea Xeral Extraordinaria – Mércores 23 de novembro – 20:00 h.

Estimad@s nais e pais:

Pola presente queda convocada Asemblea Xeral Extraordinaria o mércores 23 de novembro as 20:00 h. no EDIFICIO DAS ESCOLAS en primeira convocatoria e as 20:30 h. en segunda co seguinte orde do día:

1.- Modificación da Xunta Directiva

2.- Aprobación da modificación de Estatutos

3.- LOMCE: Información e actuacións.

4.- Rogos e preguntas

Saúdos

ANPA CEIP EDUARDO PONDAL

Inicio Actividad Inglés

A actividade de inglés organizada pola Anpa e impartida pola Academia Well Spoken dará comenzo o próximo luns día 7.

Lembrarvos que terá lugar os luns e os mercores, en horario de 13:00 h. a 13:50 h. (maiores), con pequeno recreo despóis de comer, e de 14:00 h. a 14:50 h. (peques), con pequeno recreo antes e despóis da actividade.