O XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN VISITARÁ O CEIP EDUARDO PONDAL E AS FORCADAS

Onte tivo lugar a reunión a que asistiron

  • Xefe Territorial Educación Xunta – Indalecio Cabana
  • Antón de la Fuente Subiela – Presidente Fed. Anpas Costa da Morte
  • Carlos Penedo – Concelleiro Educación Concello Ponteceso
  • Miguel Cousillas – Presidente Anpa Ceip Eduardo Pondal Ponteceso
  • Antonio Castellar – Presidente Anpa As Forcadas Corme

 

O Xefe Territorial comprometíuse a visitar os centros de Ponteceso e Corme para comprobar o estado das instalacións e así valorar a urxencia dos proxectos.

 

Polo que compete a noso colexio, comentouse co Xefe Territorial si existía a posibilidade de cambiar as aulas de infantil que se atopan na primeira planta, habilitando para elo a ubicación da antiga piscina do colexio, así os nenos máis pequenos non terían que subir escaleiras e terían tanto os baños como as instalacións adaptadas ó seu tamaño, cousa que agora non ocorre, a petición non é inviable, polo que se revisará e solicitará polo cauce adecuado.

Tamén se fixo fincapé na petición da pasarela que iría dende a entrada ate o patio interior.

Entregamos ao Xefe Territorial unha ficha que se encargaron de cubrir os propios alumnos dos colexios de Corme e Ponteceso axudados polos profesores, na que se recada información da accesibilidade dos dous centros, procedente dunha campaña de estudo da accesibilidade nos centros educativos da Costa da Morte e programa de sensibilización no ámbito educativo sobre as dificultades de integración das persoas con diversidade funcional proposta pola Federación de Anpas Costa da Morte.