As ANPA de Ponteceso e o Concello piden melloras nos colexios

Hoxe as 10:00 h. terá lugar una reunión a que asistirán:
Xefe Territorial Educación Xunta – Indalecio Cabana
Antón de la Fuente Subiela – Presidente Federación Anpas Costa da Morte
Carlos Penedo – Concelleiro Educación Concello Ponteceso
Miguel Cousillas – Representante da Anpa Ceip Ponteceso
Antonio Castellar – Representante da Anpa As Forcadas Corme
O motivo son as necesidades dos centros educativos de Ponteceso e Corme, edificios antigos, nulos no que accesibilidade se refire, e perxudicados co paso dos anos sen reformas que fan insufribleo día a día dos alumnos, especialmente dos máis pequenos, e imposibles para nenos con diversidade funcional.
Presentaránse 9 proxectos para habilitar os centros, proxectos xa reivindicados denda fai tempo polas anpas, para intentar conseguir un compromiso en firme do organismo para acometer a lo menos os máis necesarios.
Dende o Anpa de Ponteceso faremos fincapé na pasarela solicitada dende fai xa anos dende a porta de acceso dos alumnos ate o pato interior, xa que os nenos de infantil non teñen capacidade para guarecerse cando as inclemencias do tempo son adversas, cousa que en esta zona é un problema diario.

Na seguinte ligazón podes ver o artigo publicado no día de hoxe na Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2016/06/23/anpa-ponteceso-concello-piden-mejoras-colegios/0003_201606C23C7993.htm