VOTACIÓN XORNADA ÚNICA – XOVES día 26 en horario de 9:30 da mañá a 17:30 da tarde.

Unha vez rematadas as reunións informativas nas que se despexaron tódalas dúbidas posibles, chegou o momento da votación, que se levará a cabo no propio centro o XOVES día 26 en horario de 9:30 da mañá a 17:30 da tarde.

Dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.
O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o xoves a partires das 17:30 h