ESCRUTINIO VOTACIÓN PROXECTO XORNADA ÚNICA

Comunicación oficial do escrutinio:

VOTOS EMITIDOS: 126

VOTOS AFIRMATIVOS: 77

VOTOS NEGATIVOS: 49

VOTOS EN BRANCO: 0

VOTOS NULOS: 0

Non habendo chegado ao 58% de votos afirmativos do total do censo, non queda aprobada a xornada única.

O centro agradece a asistencia e interés de toda a comunidade educativa en todo o proceso.

VOTACIÓN XORNADA ÚNICA – XOVES día 26 en horario de 9:30 da mañá a 17:30 da tarde.

Unha vez rematadas as reunións informativas nas que se despexaron tódalas dúbidas posibles, chegou o momento da votación, que se levará a cabo no propio centro o XOVES día 26 en horario de 9:30 da mañá a 17:30 da tarde.

Dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.
O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o xoves a partires das 17:30 h

REVÁLIDAS E XORNADA ÚNICA

Hoxe dará comezo a proba de avaliación / reválida para os alumnos de tercero de primaria.

Lembramos o artigo publicado no blog da Federación de Anpas Costa da Morte, da que formamos parte, para que obteñas a información que precises en caso de que tomes a decisión de non enviar @ teu fill@ a proba:

Porque estamos en contra das reválidas de 3º e 6º de primaria

Na seguinte ligazón podes acceder a información que publica hoxe a Voz de Galicia con información sobre este tema a e os problemas que teñen algúns centros para acceder a votación da Xornada Única:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2016/05/24/revalidas-jornada-unica-ponen-educacion-brete/0003_201605C24C5991.htm

XORNADA ÚNICA: HORARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS.

Hoxe terá lugar a última reunión informativa sobre a Xornada Única:

 

Martes – 24 de maio – 16:40 – Biblioteca do Centro

Asemade, lembrarvos que

 

O DÍA DA VOTACIÓN SERÁ O XOVES 26 DE MAIO

EN HORARIO CONTINUADO (na entrada do Centro) nun horario de:

9:30 A 17:30 horas.

Dende a Anpa animamos a todas as familias a votar indepentemente da súa decisión, hai que ter en conta que en outros centros están pelexando para acceder a exercer este dereito.

 

 

Fondo Solidario de Libros curso 2016-2017

Estimad@s familias:

Facemos seguir a información que nos envía o centro e que vos chegará as vosas casas dende o mesmo en forma de circular:

Xa saíu publicada a Orde do 27 de abril de 2016 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Prazo para presentar solicitudes:O día seguinte da publicación desta orde no D.O.G. e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

Preme na seguinte ligazón para acceder a Orde:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160516_axudas_libros.pdf

Preme aquí para acceder a documentación:

http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=ED&procedimiento=330B&version=0.0&idioma=es_ES

Charla informativa Probas de Avaliación / Reválidas

Na tarde de onte tivo lugar a charla informativa sobre as Probas de Avaliación / Reválidas impartida por Alfonso Varela, contou cunha nutrida asistencia e o ponente disipou todas as dudas que surxiron.

O Diario Que Pasa na Costa faise eco da charla

http://quepasanacosta.gal/anpas-non-a-revalida/

Asemade, lembrar que na seguinte ligazón podedes mantervos informados mediante o Blog da Federación de Anpas Costa da Morte, da que formamos parte

http://www.fedanpas.org/

 

 

Reunións informativas Xornada Única + Reválidas

Estimad@s familia@s:

Lembramos o horario e datas das reunións informativas sobre a Xornada Única que terán lugar na biblioteca do centro as 16:40 h.

Reunións informativas coas familias

5º e 6º de Primaria – 18 de maio

3º e 4º de Primaria – 19 de maio

1º e 2º de Primaria – 23 de maio

Educación Infantil – 24 de maio

Votación das familias – De 9:30 da mañá a 17:30 da tarde na entrada do centro – xoves 26 de maio

Asimesmo, lembrarvos tamén que o xoves 19, as 17:45 h. terá lugar na biblioteca do centro a charla informativa acerca das probas de avaliación / reválidas.

Saúdos

Convocatoria reunión informativa charla reválidas

Tal e como acordamos na asamblea extraordinaria de onte, confirmarvos que o próximo xoves, día 19, as 17:45 h., terá lugar unha charla informativa na biblioteca do centro sobre as probas de avaliación / reválidas, impartida por un experto na materia.

Asimesmo, confirmar un dato do que se falou onte: @s nen@s de sexto que non acudan a clase mañán, e polo tanto que non fagan a proba / reválida do último día, invalidan dita proba, anulando tamén a posibilidade de que os resultados se incorporen ó seu expediente; como tamén comentamos, non hay que xustificar a ausencia d@ alumn@ en caso de que non asista.

Nas seguintes ligazóns podes obter máis información acerca das reválidas, publicada no blog da Federación de Anpas Costa da Morte, da que formamos parte:

QUE SON AS AVALIACIÓNS DE PRIMARIA – 2016 ?

Porque as Anpas Galegas estamos en contra das reválidas de 3º e 6º de primaria

LOMCE presentación powerpoint reválidas 2016

CARTA REXEITAMENTO FAMILIAS

Gustaríanos lembrarvos que o enlace da Federación de Anpas Costa da Morte, está no presente blog no apartado “Webs amigas”, a Federación e proactiva e sempre ten información da actualidade acerca do ensino, polo que recomendamos que vos convirtades en asíduos vistitantes si queredes mantervos ó día das novas.

 

 

Votación Xornada Única

Por segundo ano consecutivo, o Centro, tras aprobación no Consello Escolar, volve a dar as familias a posibilidade de optar a Xornada Única mediante votación que se celebrará o Xoves 26 de maio.

Dende a Anpa animamos a que se repita a masiva afluencia do ano pasado o día da votación, independentemente do resultado.

Antes da votación terán lugar reunións informativas nas seguintes datas:

Reunións informativas coas familias*

Ás 16:40 na Biblioteca.

5º e 6º de Primaria 18 de maio
3º e 4º de Primaria 19 de maio
1º e 2º de Primaria 23 de maio
E. Infantil 24 de maio
Votación das familias xoves 26 de maio De 9:30 da mañá a 17:30 da tarde na entrada do centro.


1_PROXECTO XORNADA ÚNICA NO CEIP EDUARDO PONDAL VERSION DEFINITIVA DO 28 DE ABRIL_2016_2017
Nas seguintes ligazóns podes descargar documentación relativa ó proxecto, e comprobar os pasos dados polo centro para poder chegar ate o punto no que nos encontramos:

4_CIRCULAR INFORMATIVA AOS PAIS_NAIS_ABRIL_2016

 

1 2