Reunión Fedanpa Costa da Morte + Anpa Ponteceso + Anpa Corme + Concello
O venres pasado mantivemos unha reunión na que estiveron representantes da Anpa do noso colexio, do Anpa das Forcadas de Corme, da Federación de Anpas da Costa da Morte, e por parte do Concello o Concelleiro de Educación e o Alcalde respectivamente.
Falamos do mal estado que están ambos centros, e marcamos unha folla de ruta para intentar primeiro concienciar a comunidade educativa e o resto do pobo despois, de que se trata de unha loita na que todos temos que intervir para poder chegar ate as administracións e que os nosos nenos máis os que veñan poidan ter instalacións de calidade.
A continuación e para ampliar a información podes premer nas seguintes ligazóns, donde se fan eco da reunión Que Pasa na Costa e a Voz de galicia
http://quepasanacosta.gal/as-anpas-de-ponteceso-piden-melloras-nos-centros-de-ensino/