Presentados nove proxectos de mellora en centros educativos en Ponteceso

Recén comenzado o curso mantivose unha reunión no Centro a petición do Concello a que asistiron o Alcalde, o Concelleiro de Educación, o Director do centro e o Presidente do Anpa, o motivo era expoñer por parte do Concello catro proxectos relacionados con melloras do noso centro, sendo un deles a pasarela que estaría ubicada dende a porta donde os autobuses deixan aos nenos, ate o patio cuberto, protexendo tanto a alumnos como a profesores das inclemencias do tempo, este proxecto en concreto, é demandado pola Anpa dende fai tres anos, apoiados pola directiva do colexio e o Concello.

O resumo dos catro proxectos é o seguinte:

1. REHABILITACIÓN HALL PRINCIPAL DEL CEIP EDUARDO PONDAL.
2. CONSTRUCCIÓN DE ACCESO Ó PATIO SUPERIOR NO CEIP EDUARDO PONDAL.PONTECESO.
3. REHABILITACIÓN EN CEIP EDUARDO PONDAL.PONTECESO
4. MELLORA DE ACCESIBILIDADE PORTA DE ENTRADA POR PATIO CUBERTO EN CEIP EDUARDO PONDAL.PONTECESO.

Na seguinte ligazón podes revisar os nove proxectos que o Concello presentou no Rexistro Xeral da Xunta, cinco do Colexio As Forcadas de Corme e os catro do Ceip Eduardo Pondal indicados anteriormente:

https://drive.google.com/file/d/0B-OE5CxXw4hzMFZkejRYZ2l5eEU/view?pref=2&pli=1

Tras un Consello Escolar no que o representante do Concello Carlos Penedo solicitou que todas as partes involucradas fagamos forza para conseguir acadar os orzamentos necesarios para levar a cabo os proxectos, o Anpa ofreceuse de novo para prestar o apoio que o Concello considere necesario.

Podes ler a nova completa premendo na seguinte ligazón:

Presentan nove proxectos de mellora en centros educativos en Ponteceso0003_201602C14C3996.htm