Nieves Villar segue a procura de que se aplique a nova Ley Autonómica de atención domiciliaria para menores enfermos de longa duración

Dende a nosa Anpa aplaudimos a coraxe de Nieves e animámola a seguir loitando, hoxe tratase de Hadrián pero ela procura os dereitos para todolos nenos na mesma situación, Bravo por Nieves e toque de atención a administración para que se deixe de evasivas, onte tiña unha reunión concertada en San Caetano a que non acudiron nin Conselleiro nin Secretario Xeral.

Apoio total pola nosa parte e salientar tamén o gran traballo o que está a desenvolver a Federación de Anpas da Costa da Morte e a Confederación de Anpas Galegas para acompañala e asesorala (aínda que ela teno moi clariño todo).

Podes ampliar a info nas seguintes ligazóns:

Eu non fun á consellaría para que o meu fillo teña outras seis horas de clase, fun para ninguén máis teña que volver pasar polo que pasamos o meu fillo e máis eu

Saio que me chega a alma aos pés

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2015/11/11/madre-nino-malpican-leucemia-exige-reunion-titular-educacion/0003_201511C11C6991.htm