ANPA Galegas convoca unha cadea humana polo caso de Hadrián

Dende a Federación de Anpas Costa da Morte (da que nosa Anpa forma parte) convidamos a todas as persoas a participar nunha cadea humana en Malpica (12 de decembro de 2015, ás 12 da mañá) a prol dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

 

cartaz-cadea-humana-Malpica-12-do-12-ás-12

 

podes ampliar a info premendo nas seguintes ligazóns:

http://www.fedanpas.org/2015/11/12-do-12-as-12-2/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2015/11/25/anpa-galegas-convoca-cadena-humana-hadrian/0003_201511C25C4996.htmhttp://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2015/11/25/anpa-galegas-convoca-cadena-humana-hadrian/0003_201511C25C4996.htm

 

Educación abre unha nova convocatoria de axudas para material escolar

Preme a seguinte ligazón para ampliar a nova da Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/11/11/educacion-abre-nueva-convocatoria-ayudas-material-escolar/0003_201511G11P11992.htm

Preme na seguinte ligazón para ver a Orde publicada no DOG no que poderás informarte da convocatoria, documentación, plazos, etc.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_es.html

Nieves Villar segue a procura de que se aplique a nova Ley Autonómica de atención domiciliaria para menores enfermos de longa duración

Dende a nosa Anpa aplaudimos a coraxe de Nieves e animámola a seguir loitando, hoxe tratase de Hadrián pero ela procura os dereitos para todolos nenos na mesma situación, Bravo por Nieves e toque de atención a administración para que se deixe de evasivas, onte tiña unha reunión concertada en San Caetano a que non acudiron nin Conselleiro nin Secretario Xeral.

Apoio total pola nosa parte e salientar tamén o gran traballo o que está a desenvolver a Federación de Anpas da Costa da Morte e a Confederación de Anpas Galegas para acompañala e asesorala (aínda que ela teno moi clariño todo).

Podes ampliar a info nas seguintes ligazóns:

Eu non fun á consellaría para que o meu fillo teña outras seis horas de clase, fun para ninguén máis teña que volver pasar polo que pasamos o meu fillo e máis eu

Saio que me chega a alma aos pés

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2015/11/11/madre-nino-malpican-leucemia-exige-reunion-titular-educacion/0003_201511C11C6991.htm

PROGRAMACIÓN XERAL 2015 – 2016

Programación Xeral Anual

Que é?

A Programación Xeral Anual (PXA) recolle a planificación de todas as actividades académicas, lectivas e complementarias previstas para o curso escolar.

Tamén as condicións de partida en canto a recursos materiais e humanos, servizos complementarios, sobre a base dos resultados detectados e recollidos na memoria do curso anterior e aprobada polo consello escolar.

Elabóraa o equipo directivo do centro antes do inicio do curso escolar e debátese e aproba no consello escolar, no que participan representantes dos pais e do ANPA.

Contidos

– Horarios para a distribución das áreas de ensino.
– O proxecto educativo ou as modificacións deste se as houbera.
– Os proxectos curriculares de etapa.
– O programa de actividades extraescolares e complementarias (centro, ANPA), visitas, actividades a desenvolver con relación aos temas transversais, etc.
– Actividades de participación global da comunidade educativa
– Distribución e organización dos espazos do centro
– Presuposto económico do centro.
– Organigramas xerais de organización e funcionamento do centro.

Podela descargar facendo click na liña inferior:

PXA 2015-2016