Iniciada a campaña de concienciación e reivindicación dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria

A confederación ANPAS GALEGAS (da que a nosa federación forma parte) inicia unha campaña de concienciación e reivindicación, dirixida á procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

De xeito paralelo, Nieves Villar (a nai de Hadrián) de Malpica inicia a campaña por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración:

Por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración.

Premendo nas frases de cor bermello podes ampliar a información na primeira e na segunda acceder e firmar a petición si o desexas dunha LEI GALEGA QUE REGULE O HORARIO DE EDUCACIÓN AOS NENOS ENFERMOS E ESTABLEZA COMO MÍNIMO AS 12 HORAS E MEDIA SEMANAIS.

Encomiable o traballo que está a desenvolver Nieves, non so está loitando polo seu fillo, está pelexando para que a educación dos nenos enfermos de longa duración sexa un dereito, hoxe e Hadrián, pero mañan pode ser o noso fillo, dende a nosa Anpa e por medio da Federación puxemonos a súa disposición para apoiar calquer tipo de acción que considere.

La federación de la Costa da Morte organizó un encuentro con la madre del niño malpicán que tiene leucemia