Iniciada a campaña de concienciación e reivindicación dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria

A confederación ANPAS GALEGAS (da que a nosa federación forma parte) inicia unha campaña de concienciación e reivindicación, dirixida á procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

De xeito paralelo, Nieves Villar (a nai de Hadrián) de Malpica inicia a campaña por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración:

Por unha lei galega de educación domiciliaria para nenos enfermos de longa duración.

Premendo nas frases de cor bermello podes ampliar a información na primeira e na segunda acceder e firmar a petición si o desexas dunha LEI GALEGA QUE REGULE O HORARIO DE EDUCACIÓN AOS NENOS ENFERMOS E ESTABLEZA COMO MÍNIMO AS 12 HORAS E MEDIA SEMANAIS.

Encomiable o traballo que está a desenvolver Nieves, non so está loitando polo seu fillo, está pelexando para que a educación dos nenos enfermos de longa duración sexa un dereito, hoxe e Hadrián, pero mañan pode ser o noso fillo, dende a nosa Anpa e por medio da Federación puxemonos a súa disposición para apoiar calquer tipo de acción que considere.

La federación de la Costa da Morte organizó un encuentro con la madre del niño malpicán que tiene leucemia

ACTIVIDADE EXTRA-ESCOLAR DE INGLÉS

Finalmente a actividade de inglés será xestionada pola Anpa, que se encargará de solicitar ó Concello a aula na que se impartirán as clases (aínda que xa nos confirmaron a cesión da mesma a espera de datas e horarios), debido a iso a Academia fai unha nova proposta na que elimina a cuota de 30 € e inclue o material didáctico no prezo.
A actividade queda da seguinte forma:
SÁBADOS (pola mañá)
 
Nen@s de 6º ou cursos inferiores con nivel A1 (realizase proba para valorar)
 
2 horas
 
Grupos de hasta 10 alumn@s, si houbese mais, repartiríanse en dúas quendas
 
20 € mes (material incluído)
 
DE LUNS a VENRES
 
2 horas a semana en días distintos, horarios a convir según grupos
 
25 € mes – Grupos a partir de 5 nen@s (material incluído).
Para concretar grupos por idades e horarios os interesados deben falar directamente ca Academia no teléfono 698 177 969 – Amancio.

Asamblea celebrada ó 13/10/15

Asistencia: 8 persoas (de case 400 posibles)

Orde do día:

1.-       Lectura e aprobación da acta anterior

2.-       Memoria actividades 2013-2014

3.-       Presentación e aprobación das contas do curso escolar 2013-2014

4.-       Composición Anpa 2014-2015 (Renovación cargos / Elección novos cargos)

5.-       Proposta de clases de inglés

6.-       Turno de rogos e preguntas

A composición da Xunta Directiva 2014 – 2015 queda pendente dunha nova Asamblea.

Dos puntos do orden do día ocupouse a maioría do tempo na exposición que fixo o Director da Academia de inglés ca súa proposta para os nenos do colexio que sexan socios da Anpa, as clases impartiríanse no edificio das Antigas Escolas:

SÁBADOS (pola mañá)
 
Nen@s de 6º ou cursos inferiores con nivel A1 (realizase proba para valorar)
 
2 horas
 
Grupos de hasta 10 alumn@s, si houbese mais, repartiríanse en dúas quendas
 
20 € mes
 
DE LUNS a VENRES
 
2 horas a semana en días distintos, horarios a convir según grupos
 
30 € mes – Grupos de hasta 5 nen@s
 
25 € mes – Grupos a partir de 5 nen@s (máximo 8 por grupo)
 
Para concretar grupos por idades e horarios os interesados deben falar directamente ca Academia no teléfono 698 177 969 – Amancio

 

 

 

 

ANPAS GALEGAS demanda que se garanta a atención educativa domiciliaria nos casos de enfermidade

A Federación de Anpas da Costa da Morte da que nosa Anpa forma parte ten como unha das prioridades as necesidades do alumnado NEAE (nenos con Necesidades Específicas de Apoyo Educativo).

Aprobada a constitución da Comisión NEAE da Costa da Morte

En días pasados e despóis de ter coñecemento pola Anpa Ventorrillo do CEIP Milladoiro de Malpica do caso de Hadrián, o neno de Malpica que solicitaba ampliar a súa atención educativa domicilaria, o presidente da nosa Federación mantuvo contacto directo ca nai do neno para saber de que forma se lle podía axudar sempre respetando o dereito a súa intimidade, e a nai sempre insistiu en que non é unha chamada de atención unicamente para o caso do seu fillo, se non que era para alertar a comunidade educativa da escasa atención que teñen est@s nen@s si non se da un paso adiante como tuvo que facer ela chamando a prensa.

Traballando nesa liña, a Federación de Anpas Galega (da que a Federación de Anpas Costa da Morte forma parte), enviou un escrito a Xunta no que se demanda que se garanta a atención educativa domiciliaria nos casos de enfermidade

SR CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Anda estes días na prensa un caso de excepcional dureza: unha nai de Malpica que ten que reclamar a atención educativa domiciliaria  para o seu fillo enfermo de cancro; semella que a dureza á que nos referimos é o cancro que padece o rapaz, máis non, a dureza está na necesidade de ter que reclamarmos aquilo que constitúe un dereito e máis aínda cando o suxeito deste dereito é un neno.

A propia normativa da Xunta de Galicia establece que “a atención educativa domiciliaria terá como finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que curse ensinanzas de réxime xeral en modalidade presencial en centros sostidos con fondos públicos e que, por prescrición facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro por un período prolongado de tempo”.

Presentamos por rexistro unhas simples preguntas ao conselleiro:

  1. Como se garante esta continuidade cunha atención de catro horas á semana?
  2. Que continuidade terá ese proceso formativo cando este neno se incorpore novamente ao ritmo normal da súa idade con esa exigua formación?
  3. Non abondará coa dificultade de readaptación á vida ordinaria logo dunha tal experiencia, como para por riba incrementala con problemas formativos que poderían ter sido resoltos doadamente pola administración educativa?

A atención educativa domiciliaria é unha conquista da demanda social, cunha moi marcada participación de FOANPAs, Federación Olívica de ANPAs, unha das socias fundadoras da nosa Confederación, atención educativa domiciliaria que deberiamos dar por consolidada. Porén, neste momento, dende as asociacións que nos xuntan ás familias para defender o Ensino Público, que é tanto como defender o futuro da xuventude e polo tanto de todo o País, observamos sistematicamente como é necesario xerar unha alarma social para que exista unha reacción da administración educativa.

Está sendo preciso que as familias que están a pasar por unha situación de especial necesidade presenten a súa cara máis íntima ao público para que esa consellería responda, e aínda así non sempre atendendo aos dereitos que se lle esixen. E isto non debería mudar? Non sería máis axeitado establecer protocolos de obrigatorio cumprimento para todos, que outorgasen seguridade xurídica á nosa vida común?

Sr. conselleiro, a cobertura das necesidades educativas do alumnado, de calquera nena ou neno pero máis aínda para os que cumpren os requisitos para a atención domiciliaria, non pode ser obxecto de propaganda, nin andar ao vaivén das demandas mediáticas. Dende a Confederación Anpas Galegas pedimos un tratamento serio, reservado e eficaz para estas circunstancias, e a salvagarda de todos os dereitos que posúen estas familias e  estes escolares.

Como diciamos ao principio, temos agora mesmo un caso urxente enriba da mesa, o de Hadrián, un pequeno de Malpica que atraeu a atención informativa porque a súa familia se nega, con toda a razón, a aceptar unha atención insuficiente.

Solicitamos que se resolva este caso, por suposto e dun xeito inmediato, pero non podemos deixar pasar a oportunidade sen recomendar que se normalicen estas situacións, que exista normativa claramente aplicable, sen físgoas que a fagan confusa. E tamén que exista, e se demostre, unha vontade real por parte desa administración para que estas circunstancias se resolvan administrativamente, no xogo normalizado da esixencia e a satisfacción dos dereitos que todos posuímos, e non a través da exposición pública; exposición á que nós tampouco renunciamos nas actuais circunstancias, pero que desexariamos que desaparecera da xestión da educación pública galega.

Aproveitamos a ocasión para ofrecer tamén a nosa colaboración neste eido, colaboración que desexamos concretar nunha reunión específica sobre a problemática da enfermidade e o ensino, de como entendemos que se poden organizar os medios para que o dereito á educación permaneza por riba das dificultades que a  falta de saúde ás veces ocasiona.

Ficamos na agarda da súa convocatoria.

Ligazón da nova no blog da Federación de Anpas Costa da Morte:

http://www.fedanpas.org/2015/10/anpas-galegas-demanda-que-se-garanta-a-atencion-educativa-domiciliaria-nos-casos-de-enfermidade/

ASAMBLEA NAIS E PAIS – 13/10/15

Estimad@s nais e pais, pola presente queda convocada Asamblea Xeral Ordinaria o martes 13 de outubro as 17:15 h.en primeira convocatoria e as 17:30 h. en segunda convocatoria na Biblioteca do Colexio, co seguinte orde do día:

 

1.-       Lectura e aprobación da acta anterior

2.-       Memoria actividades 2013-2014

3.-       Presentación e aprobación das contas do curso escolar 2013-2014

4.-       Composición Anpa 2014-2015 (Renovación cargos / Elección novos cargos)

5.-       Proposta de clases de inglés

6.-       Turno de rogos e preguntas

 

Aproveitamos para adxuntar a folla de inscripción para facerse socio da Anpa, podedes entregar a cuota a calquer membro da Directiva coa mesma cuberta, ou ben facer ingreso / transferencia ó número de conta que aparece na parte inferior, a cuota é de 12 €

 

 

Saúdos: Anpa do Ceip Eduardo Pondal

Ponteceso, 05 de outubro de 2015

 

INSCRIPCIÓN ALTA SOCIO ANPA CEIP PONDAL PONTECESO

INGRESO BANCO SANTANDER nº de conta ES55 0049 6641 7321 9003 9676

NOME E APELIDOS DA NENA/O

__________________________________________________________________

NOME DA NAI  / PAI

__________________________________________________________________

CURSO

__________________________________________________________________

TELÉFONO

__________________________________________________________________