Charla en Carballo para pais de nenos con necesidades especiais

Será o 8 de setembro e organiza Einstein Formación.

Os pais de nenos con necesidades especiais teñen o día 8 de setembro unha cita na rúa Manuel María (número 12). A academia Einstein Formación promoveu para ese día unhas xornadas abertas e gratuítas para que os proxenitores coñezan non só cal é o problema dos seus fillos senón a forma de axudalos para conseguir que melloren nos resultados académicos e sociais. Nas sesións intervirán unha psicopedagoga e unha logopeda, quen exporán os problemas máis frecuentes e as medidas a tomar para afrontalos. Tamén haberá quenda de rogos e preguntas para aclarar dúbidas. Os interesados en participar han de anotarse chamando ao 981 702 970.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2015/08/26/charla-carballo-padres-ninos-necesidades-especiales/0003_201508C26C3992.htm

 

Novas actualizadas no blog da Federación de Anpas da Costa da Morte

A Federación de Anpas da Costa da Morte non “vacaciona”, a continuación deixamos a ligazón das novas que colgaron dende a última información da que nos fixemos eco no presente blog:

Publicado o 5 Agosto

Este luns, 3 de agosto, tivo lugar a reunión co Partido Popular da Costa da Morte.

Publicado o 31 Xullo 

Tivo lugar a terceira reunión cos partidos políticos da Costa da Morte e Xallas, nesta ocasión co PSOE

Publicado o 29 Xullo

Continuamos a rolda de entrevistas cos partidos políticos da Costa da Morte e comarca de Xallas.

Publicado o 21 Xullo

Así foi a primeira reunión co BNG

Publicado o 18 Xullo

Iniciamos os contactos cos representantes políticos do noso pobo. De que imos falar?

Publicado o 14 Xullo

Carta a Indalecio Cabanas: é preciso atender as necesidades do alumnado NEAE

Publicado o 12 Xullo

Reunión en Fisterra – Consuelo Lestón (presidenta da ANPA de Sardiñeiro – Fisterra, e representante da Federación de ANPAs da Costa da Morte) e os concelleiros de Educación e Servizos do concello de Fisterra – Xan Carlos Sar Oliveira (Kuka) e Teresa Fernández Martínez – mantiveron unha reunión na procura de mellorar, entre as dúas entidades, a organización da comunidade escolar no concello de Fisterra.

Publicado o 9 Xullo

Reunión das ANPAs da Costa da Morte, venres 10 de xullo de 2015

Publicado o

A federación de ANPAs da Costa da Morte presentou aos centros educativos o PROGRAMA DE PATIOS

Publicado o 2 Xullo

O goberno do Partido Popular na Xunta segue coa campaña de recortes

Publicado o 25 Xuño

Participaremos na reunión da confederación Anpas Galegas

Publicado o 18 Xuño

As concentracións a prol da gratuidade dos libros de texto e material escolar

Publicado o 14 Xuño

Manifesto para as mobilizacións do 15 de xuño

Publicado o 12 Xuño

Convocadas as concentracións para reivindicar o sistema de préstamo universal dos libros de texto e o material escolar