concentracións comarcais “Pola gratuidade universal dos libros de texto e material escolar”

Dende a Directiva da Anpa informamos de que o venres 5 de Xuño de 2015 aprobouse na Asamblea da Confederación de Anpas Galegas a celebración de concentracións comarcais “Pola gratuidade universal dos libros de texto e material escolar”

Na concentración, as nais e pais do alumnado de Ensino Público solicitaremos que a Administración Pública forneza a todos os nosos fillos e fillas dos libros de texto que necesiten,  dun xeito gratuíto e universal; e que ese fornecemento respecte ademais os principios de reciclaxe, de uso compartido, de educación no coidado e na posta en valor dos bens comúns, o que se conseguirá por medio dun sistema de préstamo universal e gratuíto, demanda permanente da comunidade educativa galega

Neste caso, a máis adecuada por cercanía é a que se celebrará en Carballo, na Praza do Concello, o Luns día 15 de Xuño ás 20:00 horas.

Podes ampliar información na web: http://www.fedanpas.org