axudas para a adquisición de libros de texto + fondo solidario de libros de texto

O pasado día 1 publicaronse no doga as seguintes ordes:

  • ORDE do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de
    texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en
    2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros docentes sostidos con
    fondos públicos no curso escolar 2015/16.
  • ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición
    de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de
    educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación
    especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso
    escolar 2015/16.

En breve esperamos ampliar información das devantidas ordes, toda vez que dende a Federación de Anpas non se acaban de ver claras con respecto os bancos de libros e axudas de anos anteriores, habría que tomar unha decisión con premura xa que os prazos para as solicitudes rematan a fin de mes.

Podes descargalas nas seguintes ligazóns:

ORDE do 21 de maio de 2015_fondo solidario

ORDE do 22 de maio de 2015_axudas libros de texto

Artigo que aparece hoxe na Voz de Galicia (Las AMPA rechazan integrar sus bancos de libros en el de la Xunta – La mayoría de los manuales que devolverán los alumnos para este fondo no recogen los contenidos de la Lomce, en vigor desde hace más de un año)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/06/03/ampa-rechazan-integrar-bancos-libros-xunta/0003_201506G3P11992.htm