Reválida – charlas informativa en Carballo e Laxe

O pasado 30 de abril o Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na nosa Comunidade Autónoma. Esta avaliación realizarase os próximos 27 e 28 de maio e afectará a todos os centros docentes galegos que impartan terceiro de primaria

Para informar a todas as familias que o desexen vanse a desenrolar novas charlas informativas en Carballo e Laxe, debido a cercanía das mesmas e das celebradas anteriormente en Baio, Vimianzo e Carballo desestimouse celebrar unha en Ponteceso ou Cabana.

Venres – 22/05/15 – 19:00 h. – Carballo – Casa da Xuventude (Haberá coidadoras para @s nen@s)
Martes – 26/05/15 – 19:00 h. – Laxe – Hotel “Playa de Laxe”

A Federación de Anpas da Costa da Morte (da que a nosa Anpa forma parte), oponse á realización de dita Reválida, nas seguintes ligazóns poderás poderás atopar máis información, así como descargar documentos de rexeitamento da proba e da propia Lomce:

http://www.fedanpas.org/

http://www.anpasgalegas.org/

Na seguinte ligazón mesmo poderás firmar de xeito electrónico o rexeitamento da reválida:

https://oiga.me/campaigns/rexeitamos-a-revalida-de-3-de-primaria