A Federación de Anpas da Costa da Morte (da que a nosa Anpa forma parte), oponse á realización da Reválida de 3º de Primaria (27 e 28 de maio)

O pasado 30 de abril o Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na nosa Comunidade Autónoma. Esta avaliación realizarase os próximos 27 e 28 de maio e afectará a todos os centros docentes galegos que impartan terceiro de primaria.

A Federación de Anpas da Costa da Morte (da que a nosa Anpa forma parte), oponse á realización de dita Reválida.

Para informar a todas as familias que o desexen vanse a desenrolar unhas charlas informativas, de momento imos a indicar as máis cercanas e a semana próxima veremos a posibilidade de realizar unha en Ponteceso.

11/05/15 – 21:00 h. – Luns – Baio (Pavillón Municipal)

14/05/15 – 20:30 h. Xoves – Vimianzo (Pazo da Cultura)

15/05/15 – 19:00 h. – Venres – Carballo – Casa da Xuventude

A charla de Baio serán invitadas tamén as familias dos nenos dos Colexios de Zas, Laxe e Cabana.

Na seguinte ligazón da Federación de Anpas Costa da Morte podes ampliar a información:

http://www.anpasgalegas.org/2015/05/rexeitamos-a-revalida-de-3o-de-primaria/#more-406

http://www.fedanpas.org/2015/05/944/

Na seguinte ligazón podes ver a nova da Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/05/08/anpa-zona-reaccionan-contra-revalida-tercero-primaria/0003_201505C8C5993.htm