Ampliado o plazo de inscripción – Comida Homenaxe as cociñeiras

??????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????

A petición de algúns rezagados ampliamos o plazo para facer o ingreso ate mañán venres as 18:00 h, podes facelo en Gespyme – Axencia do Banco Santander  sita na Avda. Eduardo Pondal (ao lado de Piruleta), xa se quedan eles co xustificante para nos, tendes que indicar o nome e número de teléfono por si fose necesario facer algunha aclaración.

N.º de conta:

ES55 0049 6641 7321 9003 9676

O menú terá un coste de 30 euros para adultos e 10 euros para os nenos (lembrade que terán coidadoras para que os maiores non teñan que estar pendentes deles).

O menú é o seguinte:

1.- Ameixas a mariñeira

2.- Tenreira e cordeiro

Viños – Pazo do Mar + Rioja Marqués de Arienzo

Postre, café e chupito.

O remate da comida haberá baile para os maiores mentres os nenos disfrutan de xogos, música, maquillaxe con pinturas especiais, e taller de globoflexia a carrego de coidadoras.

A asistencia e libre, gustaríanos que a homenaxe a estas tres mulleres que levan máis de 40 anos facendo a comida de varias xeracións se convirta nuha comida primeiro, e nunha festa despóis, para amosarlle o noso agradecemento o agarimo amosado o longo de todos estos anos.