Notas de Prensa – Homenaxe as cociñeiras – sábado 9 de maio
Grazas os medios A Voz de Galicia e Que Pasa na Costa por difundir a información do evento, podes ver as novas premendo na seguinte ligazón
http://www.quepasanacosta.com/?p=42798
“se eres un dos que se lembran deses macarróns con tomate, desa tortilla ou de tantos outros pratos que moitos seguimos a recordar, este próximo día 9 de Maio, no restaurante Canta La Rana en Buño, ás 13:30hs, celebrarase a Homenaxe a estas tres grandes cociñeiras”
Lembrade facer a vosa reserva para a comida homenaxe as cociñeiras como moi tarde o mercores 5 de maio – Restaurante Canta la Rana.
O menú terá un coste de 30 euros para adultos e 10 euros para os nenos (lembrade que terán coidadoras para que os maiores non teñan que estar pendentes deles).
O menú é o seguinte:
1.- Ameixas a mariñeira
2.- Tenreira e cordeiro
Viños – Pazo do Mar + Rioja Marqués de Arienzo
Postre, café e chupito.
O remate da comida haberá baile para os maiores mentres os nenos disfrutan de xogos, música, maquillaxe con pinturas especiais, e taller de globoflexia a carrego de coidadoras.
A asistencia e libre, gustaríanos que a homenaxe a estas tres mulleres que levan máis de 40 anos facendo a comida de varias xeracións se convirta nuha comida primeiro, e nunha festa despóis, para amosarlle o noso agradecemento o agarimo amosado o longo de todos estos anos.
N.º de conta:
ES55 0049 6641 7321 9003 9676
Os Ingresos físicos é conveniente facelos en Gespyme – Axencia do Banco Santander sita na Avda. Eduardo Pondal (ao lado de Piruleta), xa se quedan eles co xustificante para nos, tendes que indicar o nome e número de teléfono por si fose necesario facer algunha aclaración.
Para os ingresos por transferencia deben enviar o xustificante a info@anpapondal.com
Para ampliar información podes enviar un mail tamén ó seguinte enderezo electrónico info@anpapondal.com, ceip.pondal.ponteceso@edu.xunta.es ou chamar ao teléfono do colexio 981 714 071
Grazas anticipadas pola difusión do evento.