Entrevista sobre a Reválida – Presidente da Federación de Anpas Costa da Morte

Xosé Antón de la Fuente Subiela (49 anos) é o presidente da Federación de ANPA da Costa da Morte, que agrupa a boa parte das asociacións da zona. Vaise presentar de novo as eleccións, que se celebrarán o día 30.

-¿Por que se opoñen a reválida de terceiro de primaria?

-Non serve para nada positivo. A Xunta di que é para comprobar o nivel de formación do alumnado, pero como se vai facer dous días máis que os profesores fan en todo o ano. A reválida so serve etiquetar ao alumnado desde os 8 anos e de xeito negativo. O rapaz sente esa presión. Na selectividade mesmo van acompañados polos seus profesores para que estean máis tranquilos.

-¿Qué recomendan?

-As nosas recomendacións son xenéricas. Cada familia que faga o que estime oportuno, pero cremos que vai afectar negativamente ao alumno. Desde a Xunta estase dicindo que non, pero é así. Este tipo de reválida só valora á resistencia ao estrés do neno. Se ti pos dous rapaces cos mesmos coñecementos e a mesma intelixencia, sairá mellor o máis pousado, porque se cadra o outro esgótase aos cinco minutos. Pero o peor é que tamén se etiqueta o nivel socioeconómico do alumno. A familia ten que entregar esa documentación. Nunha lei anterior tamén se poñían eses datos e facíase a avaliación, pero era anónimo e non se avaliaba á familia. Facíase un diagnóstico do centro en global e do seu entorno socioeconómico, pero agora é persoal.

-¿En qué consiste a proba?

-Ten unha parte de lingüística e outra de matemáticas, pasando do resto das materias. Teñen que responder no espazo correcto, porque é tipo test. Tamén hai unha audición. Escoitan un relato e o teñen que interpretar. Que se lle pida iso a un neno de 8 anos non ten moito sentido.

-¿Que opinan os docentes?

-Nós temos relación cos pais, pero os docentes que teñen fillos da nosa zona e que pertencen as ANPA están todos en contra. Pero hai variedade de opinións porque a Xunta está a presionar moito. Din que é a mesma proba que había, pero non é así porque non é anónima como antes. Queren acostumar aos nenos a estar reválidas para que cando sexan utilizadas para marcar o destino dos alumnos xa non nos molesten. Daquela xa irán excluíndo do sistema educativo aos rapaces que non interesen, estarán condenando ás familias a ter pasantías e os que as poidan pagar seguirán para adiante. Ademais, o proceso de maduración de cada rapaz é diferente. Temos moitos casos de nenos que en primaria teñen un expediente moi normal e en bacharelato obteñen notazas. Se aos 8 anos xa os etiquetan como non válidos non chegarán a segundo de bacharelato. Xente da miña idade recordaba que en Cabana empezaban mil nenos e só uns poucos chegaban ao bacharelato. Daquela había as reválidas do franquismo.

Podes ver a entrevista na seguinte ligazón:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/05/27/revalida-so-valora-resistencia-ao-estres-do-neno/0003_201505C27C7992.htm

Outro artigo que sae na prensa hoxe sobre o tema:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/05/27/ninos-tercero-vayan-hoy-clase-deberan-revalida/0003_201505G27P32991.htm

Reválida – charlas informativa en Carballo e Laxe

O pasado 30 de abril o Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na nosa Comunidade Autónoma. Esta avaliación realizarase os próximos 27 e 28 de maio e afectará a todos os centros docentes galegos que impartan terceiro de primaria

Para informar a todas as familias que o desexen vanse a desenrolar novas charlas informativas en Carballo e Laxe, debido a cercanía das mesmas e das celebradas anteriormente en Baio, Vimianzo e Carballo desestimouse celebrar unha en Ponteceso ou Cabana.

Venres – 22/05/15 – 19:00 h. – Carballo – Casa da Xuventude (Haberá coidadoras para @s nen@s)
Martes – 26/05/15 – 19:00 h. – Laxe – Hotel “Playa de Laxe”

A Federación de Anpas da Costa da Morte (da que a nosa Anpa forma parte), oponse á realización de dita Reválida, nas seguintes ligazóns poderás poderás atopar máis información, así como descargar documentos de rexeitamento da proba e da propia Lomce:

http://www.fedanpas.org/

http://www.anpasgalegas.org/

Na seguinte ligazón mesmo poderás firmar de xeito electrónico o rexeitamento da reválida:

https://oiga.me/campaigns/rexeitamos-a-revalida-de-3-de-primaria

 

Reportaxe fotográfico da Homenaxe ás Cociñeiras

Aquí vos presentamos algunhas das fotos que se realizaron na Homenaxe ás Cociñeiras.

Celebración homenaxe as cociñeiras

O sábado celebramos a homenaxe a Josefa Amado Mosqueira, María del Carmen Figueiras Amado e María Jesús Varela Moreira, que aguantaron o tipo (máis que algúns dos asistentes), mentres Jose Ures e Venancio Graña, antigo e actual Director daban os seus discursos, e mentres os netos lles entregaban uns ramos de froles.

A comida convertiuse nunha gran tertulia na que as homenaxeadas foron de mesa en mesa contando todo tipo de anecdotas dos 44 anos transcurridos no centro e saludando a todo o mundo.

Dende aqui enviarlles un bico enorme e desexarlles que teñan unha prácida e merecida xubilación despóis de toda unha vida entre os fogóns do colexio.

Ligazón a nova de Que Pasa na Costa

http://www.quepasanacosta.com/?p=43135

Ligazón a nova da Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/05/10/emotivo-adios-tres-cocineras-colegio-ponteceso-inicios/0003_201505C10C7994.htm

 

A Federación de Anpas da Costa da Morte (da que a nosa Anpa forma parte), oponse á realización da Reválida de 3º de Primaria (27 e 28 de maio)

O pasado 30 de abril o Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na nosa Comunidade Autónoma. Esta avaliación realizarase os próximos 27 e 28 de maio e afectará a todos os centros docentes galegos que impartan terceiro de primaria.

A Federación de Anpas da Costa da Morte (da que a nosa Anpa forma parte), oponse á realización de dita Reválida.

Para informar a todas as familias que o desexen vanse a desenrolar unhas charlas informativas, de momento imos a indicar as máis cercanas e a semana próxima veremos a posibilidade de realizar unha en Ponteceso.

11/05/15 – 21:00 h. – Luns – Baio (Pavillón Municipal)

14/05/15 – 20:30 h. Xoves – Vimianzo (Pazo da Cultura)

15/05/15 – 19:00 h. – Venres – Carballo – Casa da Xuventude

A charla de Baio serán invitadas tamén as familias dos nenos dos Colexios de Zas, Laxe e Cabana.

Na seguinte ligazón da Federación de Anpas Costa da Morte podes ampliar a información:

http://www.anpasgalegas.org/2015/05/rexeitamos-a-revalida-de-3o-de-primaria/#more-406

http://www.fedanpas.org/2015/05/944/

Na seguinte ligazón podes ver a nova da Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2015/05/08/anpa-zona-reaccionan-contra-revalida-tercero-primaria/0003_201505C8C5993.htm

Ampliado o plazo de inscripción – Comida Homenaxe as cociñeiras

??????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????

A petición de algúns rezagados ampliamos o plazo para facer o ingreso ate mañán venres as 18:00 h, podes facelo en Gespyme – Axencia do Banco Santander  sita na Avda. Eduardo Pondal (ao lado de Piruleta), xa se quedan eles co xustificante para nos, tendes que indicar o nome e número de teléfono por si fose necesario facer algunha aclaración.

N.º de conta:

ES55 0049 6641 7321 9003 9676

O menú terá un coste de 30 euros para adultos e 10 euros para os nenos (lembrade que terán coidadoras para que os maiores non teñan que estar pendentes deles).

O menú é o seguinte:

1.- Ameixas a mariñeira

2.- Tenreira e cordeiro

Viños – Pazo do Mar + Rioja Marqués de Arienzo

Postre, café e chupito.

O remate da comida haberá baile para os maiores mentres os nenos disfrutan de xogos, música, maquillaxe con pinturas especiais, e taller de globoflexia a carrego de coidadoras.

A asistencia e libre, gustaríanos que a homenaxe a estas tres mulleres que levan máis de 40 anos facendo a comida de varias xeracións se convirta nuha comida primeiro, e nunha festa despóis, para amosarlle o noso agradecemento o agarimo amosado o longo de todos estos anos.

Notas de Prensa – Homenaxe as cociñeiras – sábado 9 de maio

carne

Grazas os medios A Voz de Galicia e Que Pasa na Costa por difundir a información do evento, podes ver as novas premendo na seguinte ligazón

http://www.quepasanacosta.com/?p=42798

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/05/05/40-anos-dando-comer-bien-valen-homenaje/0003_201505C5C12995.htm

“se eres un dos que se lembran deses macarróns con tomate, desa tortilla ou de tantos outros pratos que moitos seguimos a recordar, este próximo día 9 de Maio, no restaurante Canta La Rana en Buño, ás 13:30hs, celebrarase a Homenaxe a estas tres grandes cociñeiras”

Lembrade facer a vosa reserva para a comida homenaxe as cociñeiras como moi tarde o mercores 5 de maio – Restaurante Canta la Rana.

O menú terá un coste de 30 euros para adultos e 10 euros para os nenos (lembrade que terán coidadoras para que os maiores non teñan que estar pendentes deles).

O menú é o seguinte:

1.- Ameixas a mariñeira

2.- Tenreira e cordeiro

Viños – Pazo do Mar + Rioja Marqués de Arienzo

Postre, café e chupito.

O remate da comida haberá baile para os maiores mentres os nenos disfrutan de xogos, música, maquillaxe con pinturas especiais, e taller de globoflexia a carrego de coidadoras.

A asistencia e libre, gustaríanos que a homenaxe a estas tres mulleres que levan máis de 40 anos facendo a comida de varias xeracións se convirta nuha comida primeiro, e nunha festa despóis, para amosarlle o noso agradecemento o agarimo amosado o longo de todos estos anos.

N.º de conta:

ES55 0049 6641 7321 9003 9676

Os Ingresos físicos é conveniente facelos en Gespyme – Axencia do Banco Santander sita na Avda. Eduardo Pondal (ao lado de Piruleta), xa se quedan eles co xustificante para nos, tendes que indicar o nome e número de teléfono por si fose necesario facer algunha aclaración.

Para os ingresos por transferencia deben enviar o xustificante a info@anpapondal.com

Para ampliar información podes enviar un mail tamén  ó seguinte enderezo electrónico info@anpapondal.com, ceip.pondal.ponteceso@edu.xunta.es ou chamar ao teléfono do colexio 981 714 071

Grazas anticipadas pola difusión do evento.