a prensa faise eco do resultado da votación

En plena resaca electoral a Voz de Galicia faise eco do resultado da votación, mentres no pobo foi moi comentado onte todo o proceso para optar a que se fixese realidade o Proxecto da Xornada Única dado que era a primeira vez que se chegaba tan lonxe (o ano pasado non se chegou ate este punto por imcompatibilidade de horarios do transporte), cada un da os seus pros e os seus contras, e finalmente como xa comprobamos, o escrutinio que en este caso precisaba dunha alta porcentaxe de votos afirmativos decantouse para que a xornada permaneza como na actualidade.

Independentemente do resultado como xa resaltei antes do proceso, a gran novidade ate o de agora é que entre o traballo e apoio do Equipo Directivo, o Consello Escolar, o Anpa, o Concello, e a Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transporte, tivesemos a oportunidade de manifestarnos democráticamente para tomar esta decisión.

Podes acceder a nova premendo na seguinte ligazón:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/04/19/-solo-4-votos/0003_201504C19C4992.htm