Hoxe terá lugar a Votación do Proxecto da Xornada única

Votación

Chegou o día da votación, comentar que onte houbo nenos que levaron para o colexio os votos das súas familias que obviamente foron rechazados xa que non é ese o procedemento, dende este blog queremos recordar a todo o mundo que a votación é presencial, non delegable, e que de cada familia vota ou a nai, ou o pai, ou o titor legal.

Lembramos que o horario é ininterrompido de 13:00 h. a 21:00 h., na mesa estará o Director e dous representantes das familias elexidos por sorteo, si alguén alberga calquer tipo de dúbida podera consultala antes da votación.

Este proxecto de Xornada Única leva moito traballo detrás, polo que dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.

O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o venres 17 a partires das 21:00 h.

 

A prensa de hoxe faise eco da votación, podes ler a nova na seguinte ligazón

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/04/17/padres-alumnos-colegio-eduardo-pondal-ponteceso-votan-jornada-unica/0003_201504C17C8995.htm