Escrutinio votación proxecto xornada única

ESCRUTINIO_19

 

 

No CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, sendo as 21:00 horas do día 17 de abril de 2015 procédese o escrutinio das papeletas da votación para a implantación da xornada única en sesión  de mañá.

Os resultados foron os seguintes:

  • Votos afirmativos: 85
  • Votos negativos: 49
  • Votos en branco: 0
  • Votos nulos: 0

Polo tanto, segue a xornada como está na actualidade quedando o cambio a tan só 4 votos, xa que o reconto era sobre 154 e os votos positivos necesarios eran 89.

Debemos felicitarnos todos polo éxito de asistencia acadado, noraboa o equipo directivo polo traballo realizado e a comunidade educativa en xeral por demostrar que estamos pendentes dos temas importantes que afectan por encima de todo o futuro d@s nos@s nen@s.