Recordatorio – Votación Xornada Única – Venres 17 – Horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h

urna-voto-jovenes

Hoxe os nenos levarán para casa unha nota a modo de recordatorio da votación e indicando as modificacións / melloras que se levaron a cabo no Proxecto de Xornada única que o colexio enviou no seu día, e a papeleta xunto con un sobre por si queredes levala preparada.

Incidir tamén porque parece que había dúbidas, en que teñen dereito a voto o pai, ou a nai, ou o titor legal do alumno/a. (Só un voto por familia).

Podedes descargar a nota e a papeleta nas seguintes ligazóns

recordatorio votacion 17 de abril

PAPELETA DE VOTACIÓN

Este proxecto de Xornada Única leva moito traballo detrás, polo que dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.

O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o venres 17 a partires das 21:00 h.