Votación Xornada Única – Venres 17 – Horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h

votación-280x210

Unha vez rematadas as reunións informativas nas que se despexaron tódalas dúbidas posibles, chegou o momento da votación, que se levará a cabo no propio centro o venres 17 en horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h.

Hoxe luns serán elixidos dous representantes das familias mediante sorteo público  para formar a mesa electoral xunto co Director, o colexio enviará notificación aos mesmos, en caso de que a súa asistencia no fora posible serán nomeados tamén dous suplentes, o día da votación haberá tamén presenza da Anpa.

A mediados da semana as familias recibirán por medio dos alumnos sobres e papeletas que poderán levar preparadas aínda que tamén haberá no centro papeletas.

Este proxecto de Xornada Única leva moito traballo detrás, polo que dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.

O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o venres 17 a partires das 21:00 h.