COMIDA HOMENAXE AS COCIÑEIRAS

almejas_marinera

Lembrade facer a vosa reserva para a comida homenaxe as cociñeiras antes do día 5 de maio – Restaurante Canta la Rana.

O menú terá un coste de 30 euros para adultos e 10 euros para os nenos (lembrade que terán coidadoras para que os maiores non teñan que estar pendentes deles).

N.º de conta: ES55 0049 6641 7321 9003 9676

O menú é o seguinte:

1.- Ameixas a mariñeira

2.- Tenreira e cordeiro

Viños – Pazo do Mar + Rioja Marqués de Arienzo

Postre, café e chupito.

O remate da comida haberá baile para os maiores mentres os nenos disfrutan de xogos, música, maquillaxe con pinturas especiais, e taller de globoflexia a carrego de coidadoras.

A asistencia e libre, gustaríanos que a homenaxe a estas tres mulleres que levan máis de 40 anos facendo a comida de varias xeracións se convirta nuha comida primeiro, e nunha festa despóis, para amosarlle o noso agradecemento o agarimo amosado o longo de todos estos anos.

N.º de conta:

ES55 0049 6641 7321 9003 9676

Os Ingresos físicos é conveniente facelos en Gespyme – Axencia do Banco Santander sita na Avda. Eduardo Pondal (ao lado de Piruleta), xa se quedan eles co xustificante para nos, tendes que indicar o nome e número de teléfono por si fose necesario facer algunha aclaración.

Para os ingresos por transferencia deben enviar o xustificante a info@anpapondal.com

Para ampliar información podes enviar un mail tamén  ó seguinte enderezo electrónico info@anpapondal.com, ceip.pondal.ponteceso@edu.xunta.es ou chamar ao teléfono do colexio 981 714 071

Grazas anticipadas pola difusión do evento.

https://www.facebook.com/events/641104542658148/

votación xornada única en baio

Onte celebrouse no colexio Labarta Pose de Baio a votación da xornada única:

Os resultados foron os seguintes:

  • Votos afirmativos: 68
  • Votos negativos: 32
  • Votos en branco: 4
  • Votos nulos: 0

O resultado confirma que o ano que ven en Baio terán a Xornada Única

Destacar que en este caso acadan o SÍ gracias a 4 votos, en Ponteceso non se chegou por ese mismo número de votos, o que indica o importante que é a participación de todas as familias en este tipo de sufraxios.

Noraboa tamén polo éxito de asistencia,  sobre 113 votos posibles, acudiron 104 familias.

Como podemos ver a comunidade educativa tanto de Ponteceso, Malpica e Baio, acudiron en masa as votacións, eso e sinal de que cando hay algo importante que tratar as familias responden; ogallá tivesemos ese poder de convocatoria nas reunións da Anpa, ben seguro que con propostas e suxerencias de todos poderíamos facer un colexio mellor.

A Voz de Galicia faise eco da votación (hay un erro no artigo , pois indica que de 103 proxenitores participaron 104)

Podes ver a nova premendo na seguinte ligazón

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/04/29/aprobada-jornada-unica-centros-labarta-pose-milladoiro/0003_201504C29C19911.htm

Votación Xornada única en malpica

Onte celebrouse no colexio Milladoiro de Malpica a votación da xornada única:

Os resultados foron os seguintes:

  • Votos afirmativos: 140
  • Votos negativos: 9
  • Votos en branco: 0
  • Votos nulos: 0

O resultado confirma que o ano que ven en Malpica terán a Xornada Única

Noraboa polo éxito de asistencia, as sondaxes feitas pola Anpa xa daban unha alta porcentaxe de votos positivos e onte materializaronse, destacar que de 160 votos posibles, acudiron 149 familias.

A Voz de Galicia faise eco da votación

Podes ver a noticia premendo na seguinte ligazón

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2015/04/28/anpa-milladoiro-malpica-consigue-apoyo-jornada-unica/0003_201504C28C7993.htm

Comida homenaxe as cociñeiras

rsz_homenaxe_cociñeiras_v2

A Dirección do centro está preparando unha homenaxe as cociñeiras

  • Josefa Amado Mosqueira
  • Mª Carmen Figueiras Amado
  • Mª Jesús Varela Moreira

Que desempeñaron o seu labor ininterrumpidamente dende o 11/11/1971

Dende a Anpa imoslle botar unha man ca organización, así que pasamos a comentar en que consistirá o acto:

Celebraremos unha homenaxe comida baile no restaurante Canta la Rana o sábado día 9 de mayo

O menú é o seguinte:

1.- Ameixas a mariñeira

2.- Tenreira e cordeiro

Viños – Pazo do Mar + Rioja Marqués de Arienzo

Postre, café e chupito.

O remate da comida haberá baile para os maiores mentres os nenos disfrutan de xogos, música, maquillaxe con pinturas especiais, e taller de globoflexia a carrego de coidadoras.

A asistencia e libre, gustaríanos que a homenaxe a estas tres mulleres que levan máis de 40 anos facendo a comida de varias xeracións se convirta nuha comida primeiro, e nunha festa despóis, para amosarlle o noso agradecemento o agarimo amosado o longo de todos estos anos.

O menú terá un coste de 30 euros para adultos e 10 euros para os nenos (lembrade que terán coidadoras para que os maiores non teñan que estar pendentes deles).

 N.º de conta:

ES55 0049 6641 7321 9003 9676

Os Ingresos físicos é conveniente facelos en Gespyme – Axencia do Banco Santander sita na Avda. Eduardo Pondal (ao lado de Piruleta), xa se quedan eles co xustificante para nos, tendes que indicar o nome e número de teléfono por si fose necesario facer algunha aclaración.

Para os ingresos por transferencia deben enviar o xustificante a info@anpapondal.com

Para ampliar información podes enviar un mail tamén  ó seguinte enderezo electrónico info@anpapondal.com, ceip.pondal.ponteceso@edu.xunta.es ou chamar ao teléfono do colexio 981 714 071

Grazas anticipadas pola difusión do evento.

p.d. Agradecemento especial a Jose Luis Grobas por confeccionar este orixinal cartel.

Podes descargalo premendo na seguinte ligazón

Homenaxe Cociñeiras A3 PDF Homenaxe Cociñeiras A4 PDF

Homenaxe Cociñeiras A3 PDF

a prensa faise eco do resultado da votación

En plena resaca electoral a Voz de Galicia faise eco do resultado da votación, mentres no pobo foi moi comentado onte todo o proceso para optar a que se fixese realidade o Proxecto da Xornada Única dado que era a primeira vez que se chegaba tan lonxe (o ano pasado non se chegou ate este punto por imcompatibilidade de horarios do transporte), cada un da os seus pros e os seus contras, e finalmente como xa comprobamos, o escrutinio que en este caso precisaba dunha alta porcentaxe de votos afirmativos decantouse para que a xornada permaneza como na actualidade.

Independentemente do resultado como xa resaltei antes do proceso, a gran novidade ate o de agora é que entre o traballo e apoio do Equipo Directivo, o Consello Escolar, o Anpa, o Concello, e a Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transporte, tivesemos a oportunidade de manifestarnos democráticamente para tomar esta decisión.

Podes acceder a nova premendo na seguinte ligazón:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/04/19/-solo-4-votos/0003_201504C19C4992.htm

Escrutinio votación proxecto xornada única

ESCRUTINIO_19

No CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, sendo as 21:00 horas do día 17 de abril de 2015 procédese o escrutinio das papeletas da votación para a implantación da xornada única en sesión  de mañá.

Os resultados foron os seguintes:

  • Votos afirmativos: 85
  • Votos negativos: 49
  • Votos en branco: 0
  • Votos nulos: 0

Polo tanto, segue a xornada como está na actualidade quedando o cambio a tan só 4 votos, xa que o reconto era sobre 154 e os votos positivos necesarios eran 89.

Debemos felicitarnos todos polo éxito de asistencia acadado, noraboa o equipo directivo polo traballo realizado e a comunidade educativa en xeral por demostrar que estamos pendentes dos temas importantes que afectan por encima de todo o futuro d@s nos@s nen@s.

17:23 horas – votante número 90

IMG_20150417_171927_opt

As 17:23 horas chegou a votante número 90 que convirte a votación en legal, xa que tendo en conta que o censo consta de 155 persoas era o mínimo establecido, a partir de agora so queda esperar as 21:00 h. para facer o reconto, pero xa é un paso adiante comprobar que a comunidade educativa responde exercendo o seu dereito a votar, seguiremos informando ó longo da tarde hasta o remate da xornada e animamos dende aquí a que se acerquen os que no no fixeron aínda.

Hoxe terá lugar a Votación do Proxecto da Xornada única

Votación

Chegou o día da votación, comentar que onte houbo nenos que levaron para o colexio os votos das súas familias que obviamente foron rechazados xa que non é ese o procedemento, dende este blog queremos recordar a todo o mundo que a votación é presencial, non delegable, e que de cada familia vota ou a nai, ou o pai, ou o titor legal.

Lembramos que o horario é ininterrompido de 13:00 h. a 21:00 h., na mesa estará o Director e dous representantes das familias elexidos por sorteo, si alguén alberga calquer tipo de dúbida podera consultala antes da votación.

Este proxecto de Xornada Única leva moito traballo detrás, polo que dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.

O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o venres 17 a partires das 21:00 h.

A prensa de hoxe faise eco da votación, podes ler a nova na seguinte ligazón

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2015/04/17/padres-alumnos-colegio-eduardo-pondal-ponteceso-votan-jornada-unica/0003_201504C17C8995.htm

Recordatorio – Votación Xornada Única – Venres 17 – Horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h

urna-voto-jovenes

Hoxe os nenos levarán para casa unha nota a modo de recordatorio da votación e indicando as modificacións / melloras que se levaron a cabo no Proxecto de Xornada única que o colexio enviou no seu día, e a papeleta xunto con un sobre por si queredes levala preparada.

Incidir tamén porque parece que había dúbidas, en que teñen dereito a voto o pai, ou a nai, ou o titor legal do alumno/a. (Só un voto por familia).

Podedes descargar a nota e a papeleta nas seguintes ligazóns

recordatorio votacion 17 de abril

PAPELETA DE VOTACIÓN

Este proxecto de Xornada Única leva moito traballo detrás, polo que dende a Dirección do Centro, dende o Consello Escolar, e dende a Anpa, solicitamos que se acuda a votar independentemente da decisión adoptada, sería moi importante ver o poder de convocatoria que ten algo tan importante como o caso que nos ocupa tamén para saber si a comunidade educativa está pendente de temas que teñen que ver co futuro dos seus fillos, polo tanto, esperamos haxa unha ampla representación, insistimos, independentemente de que sexa un SÍ ou un NON.

O resultado da votación publicarase no presente blog en canto se faga o reconto o venres 17 a partires das 21:00 h.

Votación Xornada Única – Venres 17 – Horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h

votación-280x210

Unha vez rematadas as reunións informativas nas que se despexaron tódalas dúbidas posibles, chegou o momento da votación, que se levará a cabo no propio centro o venres 17 en horario ininterrompido de 13:00 h a 21:00 h.

Hoxe luns serán elixidos dous representantes das familias mediante sorteo público  para formar a mesa electoral xunto co Director, o colexio enviará notificación aos mesmos, en caso de que a súa asistencia no fora posible serán nomeados tamén dous suplentes, o día da votación haberá tamén presenza da Anpa.

A mediados da semana as familias recibirán por medio dos alumnos sobres e papeletas que poderán levar preparadas aínda que tamén haberá no centro papeletas.

1 2