Nota Informativa: datas vacacions Semana Santa + Datas reunions informativas Proxecto de Xornada Unica + Data Votacion

  • O colexio achegounos unha nota donde indican as datas das vacacións de Semana Santa, as Datas e horarios das reunións informativas sobre o Proxecto de Xornada Única e a Data e horario da Votación da mesma:

    O 27 de marzo empezan as vacacións de SEMANA SANTA. A volta ás clases será o martes, 7 de abril.

    semana do 7 ao 10 de abril terán lugar unhas reunións informativas no centro, onde se explicará o PROXECTO DE XORNADA ÚNICA para o vindeiro curso. Ao remate haberá un tempo para aclarar dúbidas. As reunións distribuiranse da seguinte maneira:

    7/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de Educación Infantil. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    8/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    9/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    10/04/2015: Reunión informativa coas familias dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria. (HORA DE COMEZO: 16:45)

    que a data da votación da Xornada será o venres 17 de abril en horario de 13:00 horas ata as 21:00 horas.

Podela descargar facendo click na liña inferior:

NOTA INFORMATIVA

Campamentos de Verán 2015 – Xunta de Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado… que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A idade mínima parte de 9 anos (As persoas nacidas no ano 2006 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento)

Na seguinte ligazón podes ampliar a información:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Ou podes descargar un pdf facendo click na liña inferior:

00_campamentos15_1

Proxecto Xornada Única

escola

 

Achegamos a carta que envía o Colexio donde nos explica os pasos seguidos ate o de agora e os seguintes ate chegar a votación do Proxecto da Xornada Única.

Lembranos que en breve serán convocadas unha serie de reunións nas que se poderán facer as preguntas que consideremos pertinentes e nas que se intentarán aclarar as dúbidas.

Podes descargar os documentos facendo click na liña inferior:

carta xornada única

proxecto xornada única

 

Inscrición socios 2014/15 Anpa

Se aínda non es socio do Anpa podes inscribirte ingresando 12 € na conta número 0049 6641 7321 9003 9676 que mantemos aberta no Banco Santander indicando o nome do neno e o curso, se é mais dun neno son 12 € igualmente, ao principio de cada curso presentamos a memoria de actividades e as contas aos asistentes ás reunións e a calquera socio que o solicite, o diñeiro gástase en actividades que redunden en beneficio dos nenos.