Programación Xeral 2014 – 2015

Programación Xeral Anual

Que é?

A Programación Xeral Anual (PXA) recolle a planificación de todas as actividades académicas, lectivas e complementarias previstas para o curso escolar.

Tamén as condicións de partida en canto a recursos materiais e humanos, servizos complementarios, sobre a base dos resultados detectados e recollidos na memoria do curso anterior e aprobada polo consello escolar.

Elabóraa o equipo directivo do centro antes do inicio do curso escolar e debátese e aproba no consello escolar, no que participan representantes dos pais e do ANPA.

Contidos

– Horarios para a distribución das áreas de ensino.
– O proxecto educativo ou as modificacións deste se as houbera.
– Os proxectos curriculares de etapa.
– O programa de actividades extraescolares e complementarias (centro, ANPA), visitas, actividades a desenvolver con relación aos temas transversais, etc.
– Actividades de participación global da comunidade educativa
– Distribución e organización dos espazos do centro
– Presuposto económico do centro.
– Organigramas xerais de organización e funcionamento do centro.

Podela descargar facendo click na liña inferior:

PXA 2014-2015_version final